Inversa Teatro inicia a súa xira por Colombia

venres, 18 de abril de 2014

A compañía Inversa Teatro emprende o próximo 22 de abril a que será a súa cuarta xira por Latinoamérica, voltando, nesta ocasión, a Colombia.
A primeira parada será na cidade de Barranquilla, onde participará coas súas dúas últimas producións na oitava edición do ENITBAR, Encuentro Internacional de Teatro de Barranquilla en el Atlántico y la Región Caribe. O día 24, o Teatro José Consuegra Higgins acollerá unha representación aberta ao público xeral de "Té con Kant", peza escrita e dirixida por María Caparrini máis Marta Pérez e interpretada por esta última e María Roja. A día seguinte, terá lugar un novo pase dirixido ao público escolar. Esa mesma tarde, será o turno de "Fémina Sapiens", obra para público adulto escrita e interpretada por Marta Pérez baixo a dirección de Carlos Álvarez-Ossorio. Así mesmo, o día 26, terá lugar en La Sala o taller "Creación de las artes escénicas desde una perspectiva de género", impartido por Marta Pérez.
A xira continuará na cidade de Cartagena de Indias, con dúas actividades incluidas na programación do Centro de Formación de la Cooperación Española, no marco da celebración dos 25 anos da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo AECID, en colaboración con Cofradía Teatral. O día 28, Marta Pérez impartirá o seu taller de creación. Ao día seguinte, María Roja, actriz da compañía, porá en escena a performance da súa autoría "Cóctel de parqueadero", centrada na problemática da emigración entendida dende o corpo, ligada aos conceptos de memoria e temporalidade.

Inversa Teatro inicia a súa xira por Colombia


"Cóctel de parqueadero", foto de Miguel Vidal

http://www.cofradiateatral.com/
http://www.aecidcf.org.co/
http://www.inversateatro.com/

Os anos 80

A obra dra-máxica do Mago Teto chega a Ourense

mércores, 16 de abril de 2014

Os 80 levan anos ameazando con volver... pois non podía faltar un espectáculo de maxia sobre esta década e alguén tiña que facelo...

Auditorio Municipal de Ourense. 19 de abril ás 20:30 horas

<i>Os anos 80</i>

http://www.magoteto.com
https://www.facebook.com/pages/MAGO-TETO/148754421861706

VIDEOsPAIN

Minuison de Ohn, entre as pezas exhibidas

domingo, 06 de abril de 2014

VIDEOsPAIN é o título da exposición internacional de videoinstalacións de artistas do estado español que se inaugurará a vindeira semana en Taipei (Taiwan), a cargo de MADATAC.

Data: 12/04/2014-11/05/2014
Inauguración: 15:00 hrs - 12/04/2014
Lugar: Museo Hong-Gah
(11F, No166, Da-ye Road, Beitou District, Taipei, Taiwan)
Curadoría: Iury Lech
Conferencia do curator: 13/04/2014, de 14:00-16:00 Museo MOCA de Taipei (Add. No.39, Chang-an West Road, Taipei)

Artistas:
ALBERT MERINO
ALBERTO DÍAZ LÓPEZ
ANA RODRÍGUEZ LEÓN
BELÉN PATÓN
BERIO MOLINA E MARIA ROJA (OHN)
DAVID RODRÍGUEZ GIMENO
ELENA GAZTELUMENDI
EUGENIO AMPUDIA
IURY LECH
LUIS BEZETA
MARINA NUÑEZ
PABLO FERNÁNDEZ PUJOL - MIGUEL CEBALLOS
SANDRA ALVARO

VIDEOsPAIN

http://www.hong-gah.org.tw/

CRÓ! presenta PERA

mércores, 26 de marzo de 2014

CRÓ! presenta o seu novo disco PERA, en La Iguana (Churruca 14, Vigo) o día 28 de marzo ás 22:30 h.
Como adianto, o videoclip do tema "Wilda", dirixido por Jose Araújo:

http://www.spacecro.com/

Inversa en xira

As últimas producións da compañía chegan a Lugo

martes, 25 de marzo de 2014

A compañía Inversa teatro chega nos vindeiros días á cidade amurallada coas súas dúas últimas producións. "Fémina Sapiens", escrita e interpretada por Marta Pérez baixo a dirección de Carlos Álvarez-Ossorio, presentarase o día 26 na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo ás 20:30 h, dentro do programa Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo. Pola súa banda, "Té con Kant", escrita e dirixida por María Caparrini máis Marta Pérez e interpretada por esta última e María Roja, poderá verse o día 27 na Casa do Saber ás 20:30 h.
A compañía continuará a súa xira no mes de abril con funcións escolares por diversos institutos de O Porriño e Vigo.

Inversa en xira

http://www.inversateatro.com/

Té con Kant

Inversa Teatro en Santiago de Compostela

luns, 03 de marzo de 2014

A Zona C de Santiago de Compostela acolle dentro da súa programación "Té con Kant", a última creación da compañía galega Inversa Teatro. Theodora Kraus e Johanna Gottfried, amigas íntimas do afamado filósofo, recibirán cun té quente ao público os días 6, 7, 8 (20:30 horas) e 9 de marzo (19:30 horas).
Venda de entradas: Teatro Principal 18:00-21:00 (de martes a sábado) / Zona C (o día do espectáculo a partir das 19.00, domingos a partir das 18.00)
Prezo: 8 euros (6 euros, xoves día dx espectadorx)

Con motivo da presentación da peza na cidade, Camilo Franco adícalle o comentario semanal de artes escénicas do programa Diario Cultural da Radio Galega. Para poder escoitalo, premer na seguinte ligazón: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-13-03-2014-770628

Té con Kant

Foto: Ángel Sousa
http://www.inversateatro.com/

1 | ... | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 | ... | 84