9 fugas

Comeza a rodaxe do filme dirixido por Fon Cortizo

sábado, 19 de maio de 2018
9 fugas

O director Fon Cortizo comezou este mes a rodaxe da longametraxe 9 fugas, un filme de protagonismo coral que conta cun elenco de intérpretes multidisciplinares da cidade de Vigo, encabezado por María Roja e Olga Cameselle.
9 fugas é un proxecto de exploración fílmica que ten como punto de partida a banda sonora dunha orquestra de improvisadorxs pechada no laboratorio dun vello buque oceanográfico, a través da que se recrea unha historia esquecida da que só queda a erosión das ondas sonoras sobre os espazos deshabitados.

+ info:

Entrevista a Fon Cortizo en Sala 5 da Radio Galega (a partir do min. 17):
http://www.crtvg.es/rg/podcast/sala-5-sala-5-do-dia-26-05-2018-3780040?t=1219

https://m.facebook.com/9-Fugas-373814639772913/

Dalia e os seus amores

Estrea na TVG

luns, 14 de maio de 2018
Dalia e os seus amores

Cun elenco formado por María Mera, Xoán Fórneas, David Seijo e María Roja, entre outrxs, a TVG estrea o luns 14 ás 22 horas "Dalia e os seus amores", unha proposta cinematográfica que narra a historia dunha modista que chega a unha vila galega para investigar a morte da súa nai.

+info:
http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/emocionante-triangulo-amoroso-na-proposta-cinematografica-desta-noite-na-tvg-dalia-e-os-seus-amores

"O tolleito de Inishmaan" despídese do público

Remata a xira da premiada obra de Contraproducións

luns, 16 de abril de 2018
"O tolleito de Inishmaan" despídese do público

A MITEU acolle a derradeira función de "O tolleito de Inishmaan".
A representación terá lugar o mércores 18 de abril no Auditorio Municipal de Ourense ás 20:30 h.

http://www.miteu.es

XXII Premios María Casares

María Roja nomeada a Mellor Actriz Protagonista

sábado, 10 de marzo de 2018
XXII Premios María Casares

"Martes de Carnaval", do Centro Dramático Galego, suma 9 nominacións:
Mellor Dirección (Marta Pazos)
Mellor Actor Protagonista (Miquel Insua)
Mellor Actriz Protagonista (María Roja)
Mellor Actriz Secundaria (Anabell Gago)
Mellor Adaptación/Tradución (Manuel Cortés)
Mellor Escenografía (Fernando Ribeiro)
Mellor Iluminación (Jose Álvaro Correia)
Mellor Vestiario (Uxía Vaello)
Mellor Maquillaxe (Esther Quintas).

Un total de 9 espectáculos acadan candidaturas finalistas nos XXII Premios de Teatro María Casares:
http://aaag.gal/novas/283/9-espectaculos-finalistas-xxii-premios-maria-casares

"Té con Kant" on the road

Inversa Teatro continúa a súa xira da man do afamado filósofo

martes, 06 de marzo de 2018

Venres 9 de marzo
Auditorio Municipal do Carballiño
11 horas

Sábado 10 de marzo
Auditorio de Goián
22 horas

"Té con Kant" on the road

www.facebook.com/teconkant.enkonigsberg
www.facebook.com/inversateatro
http://www.inversateatro.com/

Residencias Paraíso 2018

Listaxe artistas seleccionadxs

mércores, 28 de febreiro de 2018
Residencias Paraíso 2018

Comezamos dando as grazas porque o sentimento non pode ser outro que o de agradecemento. Grazas a todas as artistas que vos achegáchedes a Residencias Paraíso nesta segunda edición, o certo é que pasearse por tantísimos proxectos interesantes é unha verdadeira sorte para nós.

A convocatoria para este segundo ano de programa pechaba o 12 de febreiro cun incremento do volume de proxectos recibidos dun 30% con respecto ao ano anterior. Unha cuestión que sen dúbida celebramos con entusiasmo e que inevitablemente fixo moito máis trepidante a tarea de selección. Unha tarea levada a cabo con enormes doses de rigor e afecto por unha comisión que este ano estivo formada por María Roja (artista independente), Raquel Hernández (Teatro Ensalle) e Javier Cuevas (Leal.Lav Tenerife) como persoas convidadas, e Rut Balbís e Alexis Fernández como artistas integrantes do Colectivo RPM.

Trala xornada de análise e posta en común das solicitudes da convocatoria de Residencias Paraíso 2018 decidiuse seleccionar de xeito preferente ao seguinte grupo de artistas:
Javier Martín co seu proxecto “método negro”, en residencia no Teatro Colón de A Coruña e cunha cuantía de 1.850 euros.
Cris Balboa co seu proxecto “Lo que sigue”, en residencia na Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta de Santiago de Compostela e cunha cuantía de 1.850 euros.
Ánxela Blanco co seu proxecto “Voo”, en residencia na Fundación Luis Seoane de A Coruña e cunha cuantía de 1.850 euros.
Marco Antonio Regueiro Fariña co seu proxecto “Sobre o concepto do tempo”, en residencia no Auditorio Municipal de Ourense e cunha cuantía de 2.875 euros.
Luz Prado co seu proxecto “LVZ”, en residencia no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña e cunha cuantía de 3.000 euros.
Gena Baamonde co seu proxecto “Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos”, en residencia no Vello Cárcere de Lugo e cunha cuantía de 1.850 euros.
Laura Iturralde e Montse Piñeiro co seu proxecto “Fío”, en residencia na Sala X na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e cunha cuantía de 1.850 euros.
Federico Vladimir Strate Pezdirc e Pablo Esbert Lilienfeld co seu proxecto “Status” no Pazo da Cultura de Carballo e cunha cuantía de 2.875 euros.

Ademáis deste grupo de artistas que suman 8 residencias e unha dotación total de 18.000 euros, engadimos unha mención especial á compañía formada Laura Villaverde e Roi Fernández co seu proxecto “Illas Desertas”, quenes estarán en residencia durante unha semana no Pazo de Cultura de Narón e para o que destinamos unha bolsa de 500 euros.

En relación á convocatoria sinalamos que dentro do volume de proxectos recibidos (80 en total) o porcentaxe de proxectos galegos foi de 70% -fronte ao 30% de proxectos do territorio nacional- dos que destacamos e celebramos moito atoparnos con proxectos dunha altísima calidade dentro das artes vivas no seu sentido máis amplo. Que se viran interpeladas tantas artistas con bagaxes tanto de artes do movemento como de artes visuais ou musicais apunta alto no panorama da creación contemporánea do noso territorio.

No proceso de selección do grupo de artistas 2018 valorouse enormemente o equilibro de perfís tanto de artista como de proxecto. Dende a aposta por os valores que levan anos desenvolvendo unha labor artística destacable no noso campo ata o impulso a forzas máis emerxentes, así como a inclusión de proxectos transdisciplinares e de autor cunha altura artística fantástica, fixo que o grupo se erguese cunha interesante solidez froito das distintas e marabillosas identidades propias de cada artista.

Como en todas e cada unha das escolmas é inevitable que non se queden fóra moitísimos proxectos de enorme interese e pertinencia, proxectos singulares e tan oportunos que agardamos formen parte da realidade das artes vivas en Galicia, dunha forma ou outra.

Simplemente rematar dicindo que a comunidade artística galega é un valor en si mesmo e que o éxito dunha convocatoria como esta só confirma a necesidade de vehicular liñas que potencien, visibilicen e impulsen o que xa existe. Grazas a todas.

Residencias Paraíso 2018 despega!

Colectivo RPM

+info:
https://www.colectivorpm.gal/residenciasparaiso

1 | ... | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | ... | 61