Conversa Ultramarina

Apenino presenta o primeiro single do seu disco "Viravolta"

sábado, 08 de novembro de 2014

"Conversa Ultramarina" é a canción que abre o disco (o primeiro single) e está inspirada no libro de Lois Pereiro de mesmo título, no que o poeta galego mantén unha relación epistolar coa que fora a súa noiva, Piedad, cando ela se vai a San Francisco e él vive os seus últimos días. Encántame a obra de Lois e ésta, aínda que non é a súa obra máis coñecida nin considerada, resúltame estremecedora. Un historia de amor/desamor brutal, plasmada nuns textos conmovedores. A canción compúxena, dende o inicio, buscando unha homenaxe ao autor. No musical, hai tamén un intento de homenaxe pretendida, non sei se logrado, a Suicide. Durante os días que fixen a canción, estiven a recuperar os seus discos e os de Martin Rev en solitario e estaba moi enganchado ao seu son. Caixas de ritmo primitivas e sintes analóxicos cuns arranxos moi sinxelos.
Tendo a pensar que Lois coñecía ben a Suicide e que, moi probablemente, entrase dentro dos seus gustos. Estou case convencido diso.
Apenino


O vídeo de "Conversa Ultramarina" está dirixido por Álex Cancelo e producido por Olalla Lojo, contando con Alfonso Vázquez a cargo da imaxe e con María Roja como actriz.

www.apenino.net

Té con Kant chega a Madrid

Jornadas Internacionales de Innovación Docente en la Enseñanza de la Filosofía

martes, 04 de novembro de 2014
Té con Kant chega a Madrid

"Té con Kant" é un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica para obter unha peza de teatro íntimo tinxida de humor onde as actrices Marta Pérez e María Roja, levando a escena unha creación de María Caparrini e a propia Pérez, tentan exercer de axitadoras filosóficas coa pretensión de promover a reflexión do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días. É posible aínda un mundo e sociedade mellores baixo os ditames da razón ilustrada ou esta é ad infinitum unha condena ao fracaso?
Theodora e Johanna, amigas íntimas do afamado filósofo, tratarán de conseguir o voto do público para as súas respectivas causas á calor dun té quente dentro do programa das Jornadas Internacionales de Innovación Docente en la Enseñanza de la Filosofía. Será o 7 de novembro ás 18:30 h no Paraninfo da Facultade de Filosofía da Universidad Complutense de Madrid UCM.

+info: http://filosofia.ucm.es/jornadas-innovacion-docente-filosofia

Galicia Escena PRO

Aporía Escénica e o Mago Teto estarán presentes na feira galega das artes escénicas

domingo, 02 de novembro de 2014
Galicia Escena PRO

Xa está dispoñible para a súa descarga o calendario de funcións e o programa completo da nova edición de Galicia Escena PRO, que se desenvolverá do 3 ao 5 de novembro en cinco escenarios de Santiago de Compostela (Audiotorio Abanca, salas 1 e 2 da Fundación SGAE, Salón Teatro e Teatro Principal).
Un total de 23 compañías galegas exhibirán as súas últimas propostas (11 espectáculos completos e 12 en formato ’showcase’) no marco deste encontro profesional, que se abrirá tamén ao público xeral en función da capacidade dispoñible en cada unha das representacións. A entrada será gratuíta, previa retirada das invitacións nos despachos de billetes de cada un dos espazos desde unha hora antes do comezo do espectáculo correspondente.
+info: http://www.agadic.info/Avisos/detalles/195

Aporía Escénica no Zigzag diario

A compañía presenta "30 e tantos ósos"

sábado, 01 de novembro de 2014

Premer na ligazón:
http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/zigzag-diario-30-e-tantos-osos-da-compania-aporia

Aporía Escénica no Zigzag diario

"30 e tantos ósos" seleccionada no CENIT

VI Certamen de Nuevos Investigadores Teatrales

venres, 31 de outubro de 2014

O Centro TNT de Sevilla acollerá do 30 de outubro ao 2 de novembro a sexta edición do Certamen de Nuevos Investigadores Teatrales, CENIT.
"30 e tantos ósos", obra da compañía galega Aporía Escénica, foi seleccionada polo xurado dentro dunha programación que pode consultarse no seguinte enlace:
http://www.atalaya-tnt.com/proximamente-se-abriran-los-plazos-de-cenit-y-del-laboratorio-internacional/


+info: www.atalaya-tnt.com

Catro raparigas malas

Crónica de "30 e tantos ósos" por Manuel F. Vieites

xoves, 30 de outubro de 2014
Catro raparigas malas
1 | ... | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 | 71 | 72 | 73 | 74 | ... | 83