Corpo (a) terra

Presentación de Minuison no III Festival de danza e artes do corpo de Ourense

luns, 01 de xullo de 2013


A terceira edición do Festival de danza e artes do corpo bota a andar durante tres días coa intención de encher os distintos espazos da cidade de Ourense dunha mestura de movementos, sons e imaxes que dan forma aos distintos espectáculos da súa programación: http://corpoaterra.blogspot.com.es/p/programacion.html

Corpo (a) terra

Entre as actividades paralelas que completan o festival, compre destacar o Ciclo de Videodanza, no que se proxectarán as seguintes pezas:

Diego Vites: Homage to Gutai / 1’36’’
Exercicio de alterne / 1’45’’
Génesis / 24’’
Homage to Martin Creed / 1’09’’
Nuria Onetti: Silent dance / 8’
Jesús Rubio: Piedra, papel, tijera / 5’
Alejandra Pombo: Stage / 8’14’’
Begoña Cuquejo: Planificar a caída / 3’
Cristina Balboa: mp3c3po / 1’25’’
Certamen Sólodos en danza: Costa Rica (vídeo promo) / 11’
Berio Molina + María Roja: Minuison / 4’ 34’’

Corpo (a) terra

http://corpoaterra.blogspot.com.es/

FAC Express PROXECCIÓNS INSOLUBLES

Inauguración no FAC Peregrina

xoves, 30 de maio de 2013

FAC Express PROXECCIÓNS INSOLUBLES:
MAQUILLAXE AUMENTADA + CINESCAPISMO
venres 31 de maio a partir das 19:30h.

Presentación dos traballos Devuison (Maquillaxe Aumentada) a cargo de María Roja e Berio Molina, unha aproximacion mediante o fenómeno sonoro e unha interface de interacción e relación co corpo á maquillaxe e ao debuxo sonoro dende a idea do minúsculo e Cinescapismo a cargo de Laura Villaverde e Roi Fernández (Artesacía e Sr Pause Cinescapismo) no que dende o presuposto de que as formas de creación do cine a tempo real beben das mesmas fontes da poesía, trátase de abrir fechaduras durante un intre, coa cualidade de que ese intre perdure no imaxinario.

PROGRAMA

20:00h. // DEVUISON (20′)
21:00h. // CINESCAPISMO (30′)

FAC Express PROXECCIÓNS INSOLUBLES

Info: http://facperegrina.wordpress.com/

ZigZag Diario visita EXTRAMUROS

mércores, 22 de maio de 2013
ZigZag Diario visita EXTRAMUROS

Para ver a reportaxe (min 9:29) premer na ligazón:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/lito-portela-espinas-coroadas-extramuros-o-escultor-e-ceramista-daniel-caxigueiro

Adtlántida.tv

A radiotelevisión libre sae a flote

mércores, 22 de maio de 2013
Adtlántida.tv

Info: http://adtlantida.tv/

EXTRAMUROS Espazo de colisións artísticas

Inauguración do espazo e presentación do seu programa de actividades

xoves, 04 de abril de 2013

O sábado 6 de abril terá lugar a inauguración de EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas]. Será a partir das 17 horas na rúa Monforte, 8 (A Coruña).
Programa:
17:00 ::: Laura Piñeiro ::: Instalación artísticas
17:45 ::: Carlota Perez & Leo Rodriguez ::: "Inoxidable" (danza contemporánea)
18:30 ::: Mecanismo Ruso ::: Música
19:00 ::: María Roja & Berio Molina ::: "Pó é pó é pó" (performance)
20:00 ::: Nasdrovia ::: Música
21:00 ::: Axlubi-x ::: Música (Hip-hop)

JPEG - 217 KB

EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] é un novo espazo que bota a andar da man do artista e cineasta Roi Fernández e da actriz e creadora Laura Villaverde, coa fin de converterse nun lugar de encontro e intercambio entre os profesionais e estudantes das artes performativas.
EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] é tamén o espazo de traballo e creación da compañía teatral ArtesaCía e a productora multimedia SrPause Cinescapismo.
EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] é así mesmo un espazo adicado á expansión de pedagoxías artísticas: ciclos de obradoiros (Primavera / Verán / Outono/ Inverno), clases maxistrais, eventos extraordinarios ("Fora de portas"). Para tódalas idades e niveis.

http://www.espazoextramuros.org/

Feministas

luns, 18 de marzo de 2013

Baixo este título, Afonso Becerra asina un artigo en dúas partes para os boletíns nº 578 e nº 579 do Periódico de las Artes Escénicas Artezblai, co obxectivo de visibilizar o labor das mulleres traballadoras no eido das artes escénicas en Galicia.

JPEG - 2.8 KB



Para a súa lectura, premer nos seguintes enlaces:

http://www.artezblai.com/artezblai/feministas.html
http://www.artezblai.com/artezblai/feministas-ii.html

1 | ... | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 | 71 | 72 | 73 | ... | 74