Inversa Teatro na Radio Galega

venres, 04 de outubro de 2013

Té con Kant, a última proposta escénica da compañía Inversa Teatro é a protagonista semanal da páxina de teatro do programa Diario Cultural da Radio Galega. Marta Pérez e María Roja, as súas intérpretes, falarán sobre a peza para tódolxs oíntes o día 11.
Para poder escoitar os audios, premer na seguinte ligazón:
http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/diario-cultural

Inversa Teatro na Radio Galega

Té con Kant en Extramuros

Johanna e Theodora aparecen baixo a ponte da Pasaxe

martes, 01 de outubro de 2013

O Espazo de colisións artísticas Extramuros de A Coruña acolle dentro da súa programación Té con Kant, a última creación da compañía galega Inversa Teatro. Theodora Kraus e Johanna Gottfried, amigas íntimas do afamado filósofo, recibirán cun té quente ao público no número 8 (baixo) da rúa Monforte o día 5 de outubro ás 21 horas.

<i>Té con Kant</i> en Extramuros

http://www.espazoextramuros.org/
http://www.inversateatro.com/

Té con Kant no Liceo Mutante

Johanna e Theodora aparecen na ponte da Barca

martes, 01 de outubro de 2013


Escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez, Té con Kant é un proxecto experimental da compañía galega Inversa Teatro que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro - didáctico - conferencia.
Johanna Gottfried (Marta Pérez) e Theodora Kraus (María Roja) son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do s. XVIII.
Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última decisión sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente.
Atréveste a pensar con nós?

<i>Té con Kant</i> no Liceo Mutante

Foto: Ángel Sousa

Pois aventúrate o vindeiro venres 4 de Outubro ás 20:30h no Liceo Mutante de Pontevedra (R/ Rosalía de Castro, 100).
Lembrade que o donativo será de 5 euros para ’socios Y’, e coma de costume de balde para os ’socios mutantes’.

http://www.liceomutante.com/
http://www.inversateatro.com/

Golulá en Compostela

Festival Internacional Galicreques 2013

mércores, 25 de setembro de 2013

O luns 30 de setembro ás 11:00 horas, a compañía Galitoon presentará a súa obra Golulá no Teatro Principal de Santiago de Compostela, dentro da programación da XVIII edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques, que se celebra do 28 de setembro ao 6 de outubro.

<i>Golulá</i> en Compostela

Foto: Ovidio Aldegunde

Golulá conta a historia de Lara, unha nena vaidosa e hiperactiva, e do seu amigo Bunka, un gorila inxenuo e bonachón, encargado de coidar a única nube que hai no país de Golulá. Un día, o malvado Dr. Terrier decide roubar a Nube, obrigando así a Lara e a Bunka a facer unha viaxe chea de perigos, na que irán tropezando con seres fantásticos e entrañables, para recuperala.
Golulá é unha obra da compañía Galitoon caracterizada por unha plasticidade televisiva e cinematográfica propia da escola norteamericana de Jim Henson.
Foi merecedora dos seguintes recoñecementos:
Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na X Feria de Teatro de Castilla y León, España
Espectáculo Mellor Valorado na IX Edición de Domingos do Principal de Pontevedra, Galicia, España
Premio ao Espectáculo Innovador na XXIV Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, Ourense, Galicia, España.

http://www.titerescachirulo.com/galicreques/
http://galitoon.com/

Té con Kant

O novo espectáculo de Inversa Teatro no XVIII Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia

sábado, 14 de setembro de 2013

A decimoitava edición do Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia (Portugal) acolle dentro da súa programación Té con Kant, a última creación da compañía galega Inversa Teatro. Theodora Kraus e Johanna Gottfried, amigas íntimas do afamado filósofo, recibirán ao público no Centr’arte Café-Concerto o día 23 de setembro ás 23:30 horas.

Té con Kant

Cartaz: María Roja

"Té con Kant" é un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia, onde as actrices Marta Pérez e María Roja, levando a escena unha creación de María Caparrini e a propia Marta Pérez, tentan exercer de axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, así como examinar as vantaxes e inconvenientes morais da época ilustrada. Baixo o espectro do seu amigo Inmanuel Kant, exploran o porqué do fracaso da ilustración e a súa absoluta confianza na razón humana para dar paso á nosa época postmoderna na que predomina o fragmento e a decepción. É posible aínda un mundo e sociedade mellores baixo os ditames da razón ilustrada ou esta é ad infinitum unha condena ao fracaso? Todo iso, será razoado entre as creadoras e o público baixo a invitación dun exquisito té.

www.teatroartimagem.org
http://www.inversateatro.com/

Artropocode

Summer of Labs 2013

martes, 27 de agosto de 2013

Este xoves 29 de agosto, a partir das 17.00 horas, terá lugar en Santiago de Compostela a presentación dos proxectos desenvolvidos durante a residencia transdisciplinar de portas abertas Artropocode 2013.

Artropocode

Máis info:
http://www.baleiro.org
https://n-1.cc/g/aRtropocode

1 | ... | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 | 71 | 72 | ... | 74