Espectáculo-homenaxe a Antonio Fernández

Goián volve lembrar a figura do seu fillo predilecto

martes, 18 de febreiro de 2014

Por mor do aforo completo rexistrado no espectáculo-homenaxe adicado a Antonio Fernández, o próximo día 23 ás 19:30 horas, volverá celebrarse no Auditorio de Goián o acto en lembranza da súa calidade como pintor máis da súa desinteresada implicación social coa súa contorna. Así mesmo, os días 17 e 24 de marzo realizaranse tres novas funcións matutinas dirixidas a público escolar. A montaxe, que recrea teatralmente a vida do artista, corre a cargo da compañía Fulano, Mengano e Citano, cun elenco formado por Suso Pando, Manuel Pombal, Marcos Alonso, Santi Montenegro, Miguel Pando e María Roja, acompañado pola música en directo da Agrupación Musical de Goián.

Espectáculo-homenaxe a Antonio Fernández

O pintor e a modelo

www.antoniofernandezpintor.com
https://www.facebook.com/fulano.menganoecitano?fref=ts

Espectáculo en homenaxe a Antonio Fernández

Goián recorda a figura do pintor

xoves, 13 de febreiro de 2014

O 16 de febreiro ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio de Goián, un espectáculo-homenaxe adicado a Antonio Fernández, en lembranza da súa calidade como pintor máis da súa desinteresada implicación social coa súa contorna.

Espectáculo en homenaxe a Antonio Fernández

www.antoniofernandezpintor.com
https://www.facebook.com/fulano.menganoecitano?fref=ts

Os anos 80

Estrea da obra dra-máxica do Mago Teto

martes, 24 de decembro de 2013

Os 80 levan anos ameazando con volver... pois non podía faltar un espectáculo de maxia sobre esta década e alguén tiña que facelo...

Auditorio Municipal do Carballiño. 28 de decembro ás 20:30 horas

<i>Os anos 80</i>


http://www.magoteto.com
https://www.facebook.com/pages/MAGO-TETO/148754421861706

Minuison en MADATAC

domingo, 01 de decembro de 2013

A peza de videoarte Minuison, realizada polo fato bicéfalo Ohn (María Roja+Berio Molina) en colaboración con Miguel Vidal, foi seleccionada na Sección Oficial Internacional da 5ª edición da Muestra de Arte Digital Audiovisual y Tecnologías Avanzadas Contemporáneas, e será exhibida ao público, xunto ás restantes obras escollidas, entre os días 19 e 22 de decembro no Palacio de Cibeles CentroCentro de Madrid.

<i>Minuison</i> en MADATAC


MADATAC ten como obxectivo servir de faro e proxección de videoartistas e creadorxs audiovisuais que se atopan inmersxs na articulación de propostas experimentais e innovadoras dirixidas a estimular a linguaxe da narrativa cinética convencional e que traballan coas ferramentas dos novos medios dixitais. Trátase dun proxecto internacional independiente cunha filosofía aberta e sen fins de lucro, que pon especial énfase na innovación, a orixinalidade e o risco de proxectos audiovisuais enfocados cara a New Media Art. O seu obxectivo é fomentar a participación da cidadanía nos ámbitos da arte audiovisual e videoarte máis impulsar o intercambio de coñecementos entre profesionais para servir de laboratorio colectivo no que os artistas poidan presentar ao público, crítica, comisarixs, coleccionistas, institucións e empresas, así como a outrxs artistas, as súas creacións máis recentes. Con isto preténdese apoiar e descubrir traballos de investigación neste campo, tanto prácticos como teóricos, que empregan os recursos das novas tecnoloxías, co propósito de construir pontes universais entre artistas e organizacións volcadas cara a arte audiovisual máis transformadora.

http://www.madatac.es/

Novas datas para tomar un Té con Kant

Inversa Teatro visita en novembro Cee, Corcubión, Santiago e Vigo

venres, 15 de novembro de 2013


Inversa Teatro continúa de xira co seu último espectáculo, Té con Kant. A próxima fin de semana, Theodora Kraus e Johanna Gottfried, amigas íntimas do afamado filósofo, agárdanvos en:
Corcubión: Venres 22 ás 20:30h na Universidade Cromática das Virtudes.
Santiago de Compostela: Sábado 23 ás 20:30h en VilaMincha (Rúa Fontiñas nº 27).
Vigo: Domingo 24 ás 20 h na A.C. Bou Eva (Rúa Tercio de Afora 11- Barrio de Casablanca).
Gutten amigxs!

Novas datas para tomar un <i>Té con Kant</i>

Foto: Berio Molina

http://ucdv.wordpress.com/
http://vilamincha.wordpress.com/
http://acboueva.blogaliza.org/
http://www.inversateatro.com/

Minuison no FIVU

luns, 07 de outubro de 2013

A peza de videoarte Minuison, realizada polo fato bicéfalo Ohn (María Roja+Berio Molina) en colaboración con Miguel Vidal, foi seleccionada na presente edición do Festival Internacional de Videodanza del Uruguay e será exhibida ao público, xunto ás restantes obras escollidas, entre os días 5 e 8 de outubro no LABLT San Salvador de Montevideo.

<i>Minuison</i> no FIVU

Foto: Ana Basanta

http://www.fivu.org/

1 | ... | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 | 71 | ... | 74