escapARTE Fest

Un festival para tempos de confinamento

luns, 30 de marzo de 2020
escapARTE Fest

VIVALUGO, o Diario cultural de Lugo, é o medio organizador dun festival on line con artistas de Lugo para acompañar á xente no seu confinamento, seguir mantendo viva a revolución cultural lucense e recoñecer a importancia da arte e a cultura, antes, durante e despois desta crise sanitaria.

Despois do éxito en colaboracións e público do primeiro episodio do escapARTE Fest, adicado á música, con colaboracións musicais de artistas e bandas de Lugo, o segundo episodio céntrase no eido literario.
Escritorxs, xente do teatro ou do cine, das librerías, artistas varixs, bookworms e amantes da literatura en xeral, participarán con contos, poesías, relatos e outras aventuras literarias da súa autoría ou de referentes que teñan na súa vida.

O escapARTE Literario divídese en dúas partes de 60 minutos cada unha. A primeira delas será o mércores 01/04 ás 21:00, e a segunda parte será o xoves 02/04 ás 21:00. Ámbalas dúas partes emitiranse nas redes de VIVALUGO (facebook e youtube, logo penduraranse no instagram).

María Roja participa na programación do xoves cunha peza de factura caseira poñendo voz e imaxe plástica ao poema de Silvia Penas Non existían os bordos, musicado por Jesús Andrés Tejada.

Enlace para ver o escapARTE Fest Literario:
Parte 1:
https://www.youtube.com/watch?v=lC0o-5oU2hM
Parte 2:
https://www.youtube.com/watch?v=mow6oaEXzwo

+info:
https://vivalugo.es/libros/escaparte-fest-de-lugo-episodio-2-literario/