Zona de Límites

Estrea no programa «Re-Acción nos Castelos»

«Zona de Límites» (espectáculo multidisciplinar a cargo de Límites, Corpo Colectivo Transfronteirizo)
23 xullo I Castelo de Sobroso, Vilasobroso (Mondariz) I 22h

*ENTRADAS ESGOTADAS

LímItes, Corpo Colectivo Transfronteirizo, presentará ao público, o vindeiro 23 de xullo, a súa primeira peza de creación.
A proposta forma parte do programa cultural «Re-Acción nos Castelos», desenvolvido pola Deputación de Pontevedra.

LímItes reúne propostas e artistas de diferentes disciplinas como a videoarte, a música, a ilustración, a danza, a poesía ou a performance. Todos os proxectos que conforman o colectivo ofrecen unha aposta cara á indagación e experimentación, transitando e rebasando os límites. O obxectivo do grupo é crear colaboracións e sinerxias conxuntas, apoiándose nun marco de acción común, así como reivindicar esas outras formas de expresión artística que non encaixan nos marcos habituais.
Os proxectos e artistas que compoñen as perspectivas creadoras do colectivo son: Ordet, Tamara Andrés, Silvia Penas, Cintaadhesiva, Andrea Jano, Carlos Suárez, Costa Escura, Velpister, María Roja, Aleksander Bortko, Waste Generation, Keens Vereeniging, Filipe Miranda, Chus Nimo, Diego M. Buceta, Fiinda, Bujiwa e Lassa.

+info:
https://www.depo.gal/-/reaccion-nos-castelos-23-xullo-sobroso