"Ultreia" en Gondomar

O Mago Teto coa Agrupación Musical de Vincios

mércores, 17 de agosto de 2022
"Ultreia" en Gondomar

ULTREIA
Domingo 21 de agosto
21:30h
Centro De Desarrollo Local, Gondomar

ULTREIA é un espectáculo multidisciplinar no que se combina a maxia, a música e a danza.
Percorrendo un camiño máxico que simboliza todos os camiños exteriores e interiores do ser humano, o Mago Teto fará unha viaxe a través de aparicións, desaparicións, casas encantadas, predicións, levitacións, transformacións e moitos máis efectos máxicos que transportarán ao público a unha realidade onde todo é posible menos perder a ilusión.
Neste traxecto, Teto viaxará coas bailarinas María Roja e Lupe Carballo, que o acompañarán en todas as súas aventuras e desventuras, e contará en todo momento coa axuda imprescindible da música, composta especialmente para este espectáculo por Andrés Álvarez e executada en directo pola Agrupación Musical de Vincios, que interpretarán a banda sonora perfecta para que o mago chegue con éxito ao final do seu camiño.

+info:
https://magoteto.com/