Ultreia

Estrea do novo espectáculo do Mago Teto

Ultreia é un espectáculo multidisciplinar que combina maxia, música e danza. Percorrendo un camiño máxico que simboliza todos os camiños interiores e exteriores do ser humano, o Mago Teto –un dos máis veteranos e relevantes pese a súa xuventude- fará unha viaxe a través de aparicións, desaparicións, casas encantadas, levitacións… e outros efectos máxicos que transportarán ao público a unha realidade onde todo é posible menos perder a ilusión.

Acompañado de tres bailarinas (Xiana Vilas, Lupe Carballo e María Roja) o mago Teto viaxará ata o final do seu camiño co apoio imprescindible da música, composta especialmente para este espectáculo por Andrés Álvarez, e executada polos máis de cen músicos da banda baixo a batuta de Rafa Agulló.

O espectáculo conta ademais coa dirección artística de José Prieto, o polifacético artista e recoñecido dramaturgo, creador de exitosas obras (Somos Criminais, Fariña, Bernarda…) e premio Max de Teatro.

+info:
www.magoteto.com