Trailer de "Xan" en VINTE

Estrea da serie o 18 de decembro en Youtube

xoves, 10 de decembro de 2020

«Xan non é un millenial calquera. Ten un superpoder. Conta coa capacidade de non dicir nada. Non foi picado por unha araña radioactiva silenciosa. A súa realidade, simplemente, deixouno sen palabras.» VINTE estrea en exclusiva o trailer de ’Xan’ logo da súa premiere no pasado Carballo Interplay, onde gañou o premio a proxecto de webserie en galego na edición anterior do festival. Os tres primeiros capítulos da serie estrearanse en Youtube a partir do 18 de decembro.

Créditos
“Xan” é unha comedia de 6 episodios dirixida por Lucía Estévez con guion de Miguel Canalejo, que tamén interpreta a Xan, o protagonista. Conta cunha chea de colaboracións de actores e actrices galegas como Irene Lorenzo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Sila Sicilia, Marta Doviro, Sheyla Fariña, Camila Bossa, Víctor Duplá, Xoán Fórneas, Santi Cuquejo, Lucía Regueiro, Sara Fandño, Marta Cereixo, Areta Bolado, Manu Estévez, Daniel Currás, Covadonga Berdiñas, Guillermo Carbajo, María Roja, Cris Andrade, Alberto Fraga, Nacho Vere, Alicia Armenteros, Alejandro Jato ou María Vázquez.

+info:
https://vinte.praza.gal/video/trailer-de-xan-a-webserie-de-lucia-estevez-e-miguel-canalejo