Teatro nas paredes

Deseños de María Roja na exposición de carteis de espectáculos teatrais

BA¡ESCÉN!CA: TEATRO NAS PAREDES

O vindeiro domingo 5 de setembro ás 12h, no hall da Casa do Concello de Baiona (Pontevedra), terá lugar a inauguración da exposición de carteis de diferentes espectáculos das compañías de teatro galegas: Sarabela Teatro, Matarile Teatro, Teatro de Ningures, Elefante Elegante, Voadora, Inversa Teatro, Ibuprofeno Teatro, Il Maquinario, Aporía Escénica e A Quinta do Cuadrante.
María Roja asina o deseño e/ou as imaxes do cartel dalgúns dos traballos expostos.

Posteriormente, o día 1 de outubro, as pezas transladaranse ao Auditorio V Centenario da vila, onde serán acollidos en exposición permanente.

+info:
https://www.baiona.gal/actividades/baescenca-teatro-nas-paredes-exposicion-colectiva-de-carteis-de-espectaculos-teatrais/