"Té con Kant" en Santiago

Theodora e Johanna aproveitan a súa estancia no Salón Teatro para matricularse en Filosofía

venres, 08 de decembro de 2017

O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle dentro da súa programación "Té con Kant", a exitosa creación da compañía galega Inversa Teatro.
Theodora Kraus e Johanna Gottfried, amigas íntimas do afamado filósofo, recibirán cun té quente ao público escolar o día 14 (11:30h) e ao público xeral os días 16 (20:30h) e 17 (18h).
Venda de entradas:
- Billeteira do Salón Teatro tódolos días con programación, desde dúas horas antes do comezo das funcións.
- http://entradas.abanca.com/es/event/te-con-kant-inversa-teatro/
Prezo: 10 euros.

+info:
http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/axenda/axendad.php?id_e=2634&lg=gal
www.inversateatro.com