Té con Kant no Liceo Mutante

Johanna e Theodora aparecen na ponte da Barca

martes, 01 de outubro de 2013


Escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez, Té con Kant é un proxecto experimental da compañía galega Inversa Teatro que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro - didáctico - conferencia.
Johanna Gottfried (Marta Pérez) e Theodora Kraus (María Roja) son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do s. XVIII.
Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última decisión sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente.
Atréveste a pensar con nós?

<i>Té con Kant</i> no Liceo Mutante

Foto: Ángel Sousa

Pois aventúrate o vindeiro venres 4 de Outubro ás 20:30h no Liceo Mutante de Pontevedra (R/ Rosalía de Castro, 100).
Lembrade que o donativo será de 5 euros para ’socios Y’, e coma de costume de balde para os ’socios mutantes’.

http://www.liceomutante.com/
http://www.inversateatro.com/