Soga e Cinsa

Estrea da nova montaxe de Aporía Escénica

mércores, 17 de febreiro de 2021
Soga e Cinsa

Soga e Cinsa, Tríptico Teatral para 11 bruxas en 101 minutos, aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII, co obxecto de visualizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista. Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen en escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.

Venres 19 feb I Auditorio do Concello, Vigo I 20h (ESTREA)
Sábado 20 feb I Auditorio do Concello, Vigo I 20h

Venda de entradas:
https://www.woutick.es/evento/1291/entradas-soga-e-cinsa-en-vigo

+info:
http://www.aporiaescenica.com/