"Sofía e as Postsocráticas" retorna aos escenarios

Inversa Teatro en xira

venres, 23 de outubro de 2020
"Sofía e as Postsocráticas" retorna aos escenarios

SOFÍA E AS POSTSOCRÁTICAS
20 novembro I Casa da Cultura (Milladoiro, Ames) I 20h (CANCELADA)
26 novembro I Auditorio Municipal Gustavo Freire (Lugo) I 20h
29 novembro I Teatro Jofre (Ferrol) I 19h (ADIADA)

Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. Sócrates, Platón e Aristóteles, as tres personaxes en escena, tratarán de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que se poida facer o cálculo do que é ou o que non é violencia machista. Xunto coa interpretación de personaxes e o emprego de máscaras, a dramaturxia conta tamén con elementos visuais e sonoros que axudarán na reflexión de cal é a nosa responsabilidade como sociedade ante este tema. O pacto patriarcal, o silencio como resposta, o valor ontolóxico, o victim blaming, a negación ou o síndrome espectador son os fíos argumentais polos que transita a peza.

+info:
www.inversateatro.com
www.facebook.com/inversateatro