Re-Acción Cultural

"Té con Kant" no Castelo de Soutomaior

xoves, 06 de agosto de 2020
Re-Acción Cultural

Escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez, Té con Kant é un proxecto experimental da compañía galega Inversa Teatro que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia. Johanna Gottfried (Marta Pérez) e Theodora Kraus (María Roja) son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do s. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última decisión sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente.
Atréveste a pensar con nós?

+info:
www.inversateatro.com
www.facebook.com/inversateatro
www.facebook.com/teconkant.enkonigsberg
https://www.instagram.com/inversateatro/