Poeta en Nova York

Arranca o proceso de creación do espectáculo

venres, 16 de agosto de 2019
Poeta en Nova York

A compañía lucense Producións Paloma Lugilde comeza en agosto o proceso de ensaios da súa adaptación teatral de "Poeta en Nova York" de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, abordada desde os conceptos do dó como forza motriz e da crise do desexo. A experimentación ten un grande peso nesta proposta de trazo contemporáneo.
O equipo está formado por Paloma Lugilde (dirección + dramaturxia), María Roja, Sergio Zearreta, Sabela Eiriz (elenco), Diego Blanco (deseño de proxeccións), Xoán C. Laxe (tradución) e Ramón Ferreira (documentación).

Bitácora de creación: https://www.instagram.com/poetaennovayork/

+info:
https://producionspalomalugilde.es/poetaenny