"O estado cru" no Salón Teatro

Conversa "Repertorio e improvisación", con María Roja entre xs convidadxs

venres, 29 de setembro de 2017

O escritor, actor e editor Antón Lopo constrúe unha conversa con Javier Martín no escenario do Salón Teatro, acompañados por distintos axentes do contexto escénico galego, convidados para a ocasión. Comezarase por un repaso á traxectoria creadora do coreógrafo e bailarín (investigacións en comunidade, experiencias, pezas...), que servirá como escusa para abordar cuestións sobre o exercicio da práctica creadora, abrindo a conversa a todxs xs presentes ao contexto das artes vivas. A través das experiencias particulares dxs convidadxs (entre xs que estarán María Roja, Ania González, Horacio González, Sabela Mendoza, Cristina Balboa, Manuel Parra, Marta Pérez, Ánxela Blanco, Iván Arias e Jorge Linheira), pasarase a imaxinar, divulgar e reivindicar os distintos usos dos espazos teatrais, museísticos e académicos: residencias, prácticas, programación expandida, itinerarios formativos, etc.; prestando atención a como se conxugan hoxe as ideas de repertorio, novidade e improvisación.

Mércores 4 de outubro de 18.00 a 20.00
Salón Teatro, Santiago de Compostela
Entrada gratuíta ata completar a capacidade da sala

https://www.facebook.com/pg/caossensible/posts/