O corpo-casa dunha artista nómade

Programación expandida TRCDanza

Como actividade expandida de Oasis Paraíso, o grupo de creadoras e intérpretes galegas que comparten este programa especial, ocuparán os arredores do teatro durante o día.
​Tomando como concepto principal a idea de nomadismo que inspira a peza «2419CJX», de Begoña Cuquejo e María Roja, instalamos os corpos-casa das artistas no espazo público -no espazo de todas- construíndo coas persoas paseantes unha intimidade compartida.
Na nosa cita poderemos atoparnos con todas elas -Diego M. Buceta, Areta Bolado, Ailén Kendelman, Begoña Cuquejo e María Roja- quenes nos achegarán algúns dos motivos das creacións que amosarán sobre o escenario do Teatro Rosalía de Castro ese mesmo sábado pola noite.

+info:
https://www.pe-trcdanza.gal/2018-oasisparaiso