maría roja

"Pongo mi pie desnudo en el umbral"

Christian García Bello no Zigzag Diario

Viernes, 18 de septiembre de 2020
"Pongo mi pie desnudo en el umbral"

O artista plástico Christian García Bello visita o programa Zigzag Diario para falar da súa exposición "Pongo mi pie desnudo en el umbral" na Fundación DIDAC e da colaboración na mesma de María Roja coa performance "Doorkijkje. 7 miradas para 12 puntos de vista".
Todo dentro do Festival de artes performativas PLATAFORMA.

Para ver a entrevista, premer no seguinte enlace:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-diario-4572953?t=528

PLATAFORMA

María Roja no Festival de artes performativas

Sábado, 08 de agosto de 2020
PLATAFORMA

Plataforma é un proxecto que quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño, convidando a reflexionar sobre o espazo público e integrando servizos e institucións da cidade para actuar como motor para o desenvolvemento e a cohesión social.
Plataforma é un festival de cidade, transversal, comprometido co urbanismo e a riqueza patrimonial material e inmaterial de Compostela, coa súa diversidade, coa igualdade, coa ecoloxía, coa tradición e coa innovación cultural, convencidos de que é dende a creatividade dende onde podemos construír un futuro máis amable e responsable.
Plataforma é un festival ideal para este momento de restruturación cultural, pola súa transversalidade e a descentralización das súas localizacións, pola súa escala, pola súa programación pensada para espazos singulares, pola posibilidade de seguir con facilidade os debidos protocolos de sustentabilidade e de seguranza para a saúde nas súas accións e propostas.

PLATAFORMA

A programación de Plataforma acolle a presentación da acción de María Roja titulada "Doorkijkje. 7 miradas para 12 puntos de vista", realizada ex profeso arredor da exposición de Christian García Bello "Pongo mi pie desnudo en el umbral".
Esta terá lugar o xoves 17 de setembro na Fundación Didac, con dous pases ás 18 e 19 horas respectivamente. O aforo estará limitado e as entradas poden adquirirse no seguinte enlace:
https://plataforma.gal/programa/maria-roja/

+info:
http://plataforma.gal/
https://www.facebook.com/plataforma.gal
https://www.instagram.com/plataforma_festival/

1 | ... | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | ... | 84