maría roja

Conversatorios 58FICX

María Roja, Fon Cortizo y Xavier Bértolo presentan "9 Fugas"

Viernes, 20 de noviembre de 2020

La programación de la 58ª edición del FICX añade a la emisión de películas en FICX.TV una serie de actividades agrupadas en el Aula FICX, que reúne mesas redondas, conversatorios, talleres, clases magistrales y otros eventos.

Las podréis seguir, al igual que los filmes, en la web del Festival, que cada día desde el día 20 de noviembre y hasta el 28 encadenará actos abiertos a la participación del público para superar la distancia impuesta por la celebración online a causa de la situación sanitaria.
En respuesta a ese objetivo, y como gran bloque de sus actividades, el Aula FICX ofrece encuentros con directores y directoras bajo el título “Conversatorios”, en los que se sentarán para dialogar sobre sus obras diferentes cineastas.

El martes 24, a las 16.00 horas, será el turno del director Fon Cortizo, la actriz María Roja y el coordinador de la música Xavier Bértolo, presentando la película “9 Fugas” (sección Retueyos).

+info:
https://58ficx.tv/aula-ficx/conversatorios

Estrea de "9 FUGAS"

O filme protagonizado por María Roja no FICX

Martes, 10 de noviembre de 2020
Estrea de "9 FUGAS"

9 FUGAS, o filme asinado por Fon Cortizo, estréase na edición 58 do FICX Festival Internacional de Cine de Xixón, dentro da Sección Oficial (competición "Retueyos").
Por mor das circunstancias sanitarias, este ano o festival celebrarase en formato online, feito que permitirá ao público desfrutar desde a casa dunha selección do mellor cine independente contemporáneo de estrea e acceder a encontros con creadorxs, debates e outras actividades complementarias.

9 FUGAS estará dispoñible desde o luns 23 de novembro ás 20h ata o xoves 26 ás 20h.
Poderá verse a través de FILMIN, ben adquirindo o bono do festival (películas do FICX + dos meses de subscrición á plataforma por 15€) ou ben, individualmente, por 3,95 euros.
O enlace para o visionado do filme é o seguinte:
https://58ficx.tv/peliculas/9-fugas

Estrea de "9 FUGAS"

9 FUGAS. Tres relatos esquecidos que abrollan nunha historia protagonizada por unha xove traballadora dunha lonxa, un barco silencioso e un grupo de improvisadorxs que indagan nos sons do pasado.

9 FUGAS
Galicia / 2020 / Longametraxe / Ficción / Galego
Dirección: Fon Cortizo
Elenco: María Roja, Olga Cameselle, Ailén Kéndelman, Areta Bolado, Noelia Castro, Marta Pérez, Paco Barreiro
Guión: Fon Cortizo
Fotografía: Javier Álvarez
Dirección musical: Orquestra Fugaz de Improvisación Industrial, Xavier Núñez Bértolo e David Santos
Produción: Fon Cortizo e Alexandre Cancelo

+entrevistas ao director:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/zigzag-diario?t=52
https://www.farodevigo.es/cultura/2020/11/24/o-pasa-coa-memoria-colectiva-25243438.html
http://www.acuartaparede.com/fon-cortizo-o-cinema-e-unha-arte-de-creacion-colectiva-e-eu-queria-recuperar-esa-esencia/
https://www.elcomercio.es/festival-cine-gijon/silenciar-memoria-evita-20201124040006-nt.html
https://www.rtpa.es/noticias-sociedad:-El-gallego-Fon-Cortizo-estrena-’9-Fugas’-en-el-Festival-de-Cine-de-Gijon_111606134933.html

+info:
https://58ficx.tv/
https://www.facebook.com/9-Fugas-373814639772913
http://www.crtvg.es/informativos/lua-vermella-chega-as-carteleiras-e-cinema-galega-de-estrea-en-xixon-e-interseccion-da-coruna-4629563 (min. 03:50)
http://www.crtvg.es/informativos/ngel-suanzes-comenta-os-filmes-galegos-no-festival-de-xixon-e-repasa-a-carteleira-4660831
https://amovida.gal/o-director-vigues-fon-cortizo-presenta-9-fugas-en-xixon/?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

Método Criminal

María Roja participa na rodaxe da próxima serie da TVG

Martes, 10 de noviembre de 2020
Método Criminal

Inmersa en pleno proceso de gravación, xa falta menos para poder ver ’Método criminal’, a nova serie de ficción da Televisión de Galicia, que dará que falar este próximo inverno. Unha comedia negra, co narcotráfico como tema de fondo, dirixida por Jorge Saavedra e producida por Voz Audiovisual para a TVG, con Luís Iglesia e Miguel Canalejo como protagonistas.

En ‘Método criminal’, os espectadores atoparanse cun criminal, que non quere selo; cun actor en horas baixas, ante o posible papel da súa vida; unha filla que só entende a rebeldía se é subvencionada; unha policía con talento para moverse fóra da lei, e con narcos dos de verdade e con outros narcos dos de rirse deles. Case nada.

O punto de partida desta comedia negra acontece cando Damián Canosa ten que facerse cargo do negocio ilegal da familia: o narcotráfico. Pero el non sabe nada do negocio, polo que non lle queda máis remedio que buscar axuda. Ten que atopar alguén que lle poida ensinar a ser un líder temido, respectado. Alguén carismático, un tipo deses que cando entra nun bar todo o mundo cala. Alguén como... Carmelo Matalobos! O problema é que non existe, el é un personaxe de ficción. Entón terá que conformarse con Luís Iglesia, o actor que lle deu vida. Se foi quen de construír a personaxe, será quen de ensinarlle a ser tan bravo como Carmelo.

Luís Iglesia encabeza con Miguel Canalejo o elenco de ‘Método Criminal’, que integran intérpretes como María Roja, David Seijo, Sabela Arán, Alberto Rolán, Mara Sánchez, Adrián Castiñeiras, Susana Sampedro, Miguel Borines, Lidia Veiga, Carlos Villarino, Paloma Otero, Neves Rodríguez ou Mariana Expósito, entre outros.

"Sofía e as Postsocráticas" retorna aos escenarios

Inversa Teatro en xira

Viernes, 23 de octubre de 2020
"Sofía e as Postsocráticas" retorna aos escenarios

SOFÍA E AS POSTSOCRÁTICAS
20 novembro I Casa da Cultura (Milladoiro, Ames) I 20h (CANCELADA)
26 novembro I Auditorio Municipal Gustavo Freire (Lugo) I 20:30h
29 novembro I Teatro Jofre (Ferrol) I 19h (ADIADA)

Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. Sócrates, Platón e Aristóteles, as tres personaxes en escena, tratarán de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que se poida facer o cálculo do que é ou o que non é violencia machista. Xunto coa interpretación de personaxes e o emprego de máscaras, a dramaturxia conta tamén con elementos visuais e sonoros que axudarán na reflexión de cal é a nosa responsabilidade como sociedade ante este tema. O pacto patriarcal, o silencio como resposta, o valor ontolóxico, o victim blaming, a negación ou o síndrome espectador son os fíos argumentais polos que transita a peza.

+info:
www.inversateatro.com
www.facebook.com/inversateatro

Estrea de "XAN"

VII Festival Carballo Interplay

venres, 23 de outubro de 2020
Estrea de "XAN"

XAN é unha serie para internet escrita por Miguel Canalejo e dirixida por Lucía Estévez.
A súa estrea será o vindeiro 18 de novembro ás 21h dentro da programación do VII Festival Carballo Interplay. Esta realizarase en formato online por mor das actuais restricións sanitarias.

XAN. Unha webserie que fala do asombro. Fala de flipar. Fala sobre a conxestión cerebral que provocan os hostións da realidade. XAN é un rapaz que está tan superado polo que o rodea que non é quen de dicir nada. Por iso é máis ca unha personaxe. XAN é un estado mental. Ese estado mental que experimentas cando o teu xefe fai un comentario que non sabes se é un chiste ou non. Ese que experimentas cando ves 24 deputados de ultradereita no congreso. Ou ese que experimentas cando ves a Chenoa e a Bisbal cantando “Escondidos” no reencontro de OT anos despois da súa ruptura. A realidade é flipante. E XAN está flipando todo o rato.

+info:
https://www.instagram.com/xanserie/
http://www.carballointerplay.com/

1 | ... | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | ... | 86