maría roja

Teatro nas paredes

Deseños de María Roja na exposición de carteis de espectáculos teatrais

Domingo, 05 de septiembre de 2021
Teatro nas paredes

BA¡ESCÉN!CA: TEATRO NAS PAREDES

O vindeiro domingo 5 de setembro ás 12h, no hall da Casa do Concello de Baiona (Pontevedra), terá lugar a inauguración da exposición de carteis de diferentes espectáculos das compañías de teatro galegas: Sarabela Teatro, Matarile Teatro, Teatro de Ningures, Elefante Elegante, Voadora, Inversa Teatro, Ibuprofeno Teatro, Il Maquinario, Aporía Escénica e A Quinta do Cuadrante.
María Roja asina o deseño e/ou as imaxes do cartel dalgúns dos traballos expostos.

Posteriormente, o día 1 de outubro, as pezas transladaranse ao Auditorio V Centenario da vila, onde serán acollidos en exposición permanente.

+INFO:
https://www.baiona.gal/actividades/baescenca-teatro-nas-paredes-exposicion-colectiva-de-carteis-de-espectaculos-teatrais/

9 FUGAS

Novas citas para o seu visionado en Galicia

Miércoles, 01 de septiembre de 2021

Festival Primavera Do Cine I Auditorio do Concello, Vigo I 10 SET
Filmoteca (Centro Galego de Artes da Imaxe. CGAI), A Coruña I 11 SET
XVI Semana de Cine de Cangas - Cinemas Ocultos I Auditorio Municipal, Cangas I 30 SET

9 FUGAS

Estrea en Galicia de "9 fugas"

Festival de Cans

Viernes, 13 de agosto de 2021
Estrea en Galicia de "9 fugas"

VENRES 3
18:00 H.
TORREIRO + BAIXO DE BUGARÍN

O Festival de Cans acolle este ano a estrea do filme 9 Fugas, de Fon Cortizo.
O cineasta chega a Cans para presentar unha longametraxe, protagonizada por María Roja e Olga Cameselle, na que leva ao público, a partir da música improvisada dunha orquestra, a nove historias en busca dunha saída. Todas elas parten da capacidade da sinfonía improvisada da orquestra para revelar pantasmas do pasado.

O filme xa estivo no Festival Internacional de Shangai e no New Horizons de Polonia, uns dos máis importantes do mundo, así como no D’A Film Festival de Barcelona e no FICX Festival de Cine de Xixón, onde levou o Premio na sección Retueyos, a que aposta por propostas que asumen maiores riscos narrativos. Á proxección acudirá boa parte do equipo da película. E especial protagonismo terá a música: antes da estrea do filme, Lar Legido, fará unha perfomance musical de percusión polos camiños da aldea desde o Torreiro ata o lugar no que se proxecta a película, o Baixo de Bugarín. Na súa perfomance musical por Cans daralle continuidade sonora e visual ao personaxe ao que interpreta en 9 Fugas.

+info:
https://www.festivaldecans.gal/gl/cans-estrea-en-salas-9-fugas-de-fon-cortizo-e-acolle-a-premiere-absoluta-de-el-tiempo-libre-de-fernando-epelde/

1 | ... | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | ... | 94