maría roja

Soga e Cinsa

Estrea da nova montaxe de Aporía Escénica

Miércoles, 17 de febrero de 2021
Soga e Cinsa

Soga e Cinsa, Tríptico Teatral para 11 bruxas en 101 minutos, aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII, co obxecto de visualizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista. Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen en escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.

Venres 19 feb I Auditorio do Concello, Vigo I 20h (ESTREA)
Sábado 20 feb I Auditorio do Concello, Vigo I 20h

Venda de entradas:
https://www.woutick.es/evento/1291/entradas-soga-e-cinsa-en-vigo

+info:
http://www.aporiaescenica.com/

ZigZag Diario e Diario Cultural Zeta visitan Oximorro

Os programas culturais da CRTVG achéganse á exposición virtual do Colectivo Límites

Sábado, 13 de febrero de 2021
ZigZag Diario e Diario Cultural Zeta visitan Oximorro

ZIGZAG DIARIO
Para acceder ao programa, premer no seguinte enlace:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-diario-4802179?t=693
(min. 11:30)

DIARIO CULTURAL ZETA
Para acceder ao programa, premer no seguinte enlace:
https://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-14-02-2021-4803043
(min. 14:15)

+info:
https://limites.net/index.htm
https://www.facebook.com/pg/colectivolimites
https://www.instagram.com/limites.colectivo/
https://twitter.com/limites_corpo

Sala Límites

Entrevista a María Roja dentro das actividades complementarias á exposición Oximorro

Jueves, 11 de febrero de 2021

OXIMORRO é o título da exposición que abriu, o pasado 30 de xaneiro, a sala virtual de artes plásticas e visuais do Corpo Colectivo Límites. Ata o 21 de marzo, permanecerán penduradas as creacións de Velpister, Chus Nimo, María Roja, Andrea Jano, Filipe Miranda, Keens Vereeniging e Olsen Manuel Lima.
En paralelo á exposición, desenvolveranse unha serie de actividades, entre as que se inclúen entrevistas ás artistas, a través da plataforma ZOOM, abertas á participación do público. Posteriormente poderá accederse aos seus rexistros na canle de YouTube do colectivo.

+
https://limites.net/index.htm
https://www.facebook.com/pg/colectivolimites
https://www.instagram.com/limites.colectivo/
https://twitter.com/limites_corpo

Éxito de audiencia de «Método criminal»

Mellor estrea dunha serie na TVG dende o 2017

Miércoles, 03 de febrero de 2021
Éxito de audiencia de «Método criminal»

María Roja no papel de Sofía

Cunha cota de pantalla do 11,8 %, Método criminal tivo unha audiencia media de 118.000 espectadorxs, o que a converte na mellor estrea dunha serie de ficción na Televisión de Galicia desde o 2017. Para ampliar a nova en La Voz de Galicia, premer no seguinte enlace:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2021/02/02/metodo-criminal-inicia-exito-andadura-tvg/0003_202102G2P45996.htm

+info:
Instagram: @metodocriminal
Facebook: @MetodoCriminal
Twitter: @MetodoCriminal

OXIMORRO

Exposición inaugural da sala virtual do colectivo LímItes

Sábado, 30 de enero de 2021
OXIMORRO

OXIMORRO
Sala Límites
Sábado 30 de xaneiro ás 22h

OXIMORRO é o título da exposición que abre a sala virtual de artes plásticas e visuais do Corpo Colectivo Límites.
A inauguración terá lugar en streaming o día 30 de xaneiro ás 22h e contará coa presenza dxs artistas participantes, en compañía de quen se realizará unha visita guiada interactiva: Velpister, Chus Nimo, María Roja, Andrea Jano, Filipe Miranda, Keens Vereeniging, Olsen Manuel Lima.

Para acceder á mesma, premer no seguinte enlace:
https://www.artsteps.com/view/5fee09710d8a9c6ad596d03d

+
https://limites.net/index.htm
https://www.facebook.com/pg/colectivolimites
https://www.instagram.com/limites.colectivo/
https://twitter.com/limites_corpo

1 | ... | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | ... | 87