maría roja

NÓSOMOSÒN

Chiu Longina presenta o seu Macrófono no marco da exposición de arte sonora que acolle NORMAL

luns, 26 de marzo de 2012

Macrófono. Sonosfera da Coruña é unha acción estratéxica centrada en promover a escoita activa e crítica, e asemade representar a arte contemporánea máis aló dos espazos expositivos. O Macrófono (micrófono de 8 metros arrastrado por 4 performers), converterase nun acontecemento sonoro na cidade.

NÓSOMOSÒN

http://nossomosson.org/

Pupaclown arranca a temporada de primavera

Golulá formará parte da programación do Centro Escénico de Integración Social Infantil y Juvenil de Murcia

mércores, 14 de marzo de 2012

Golulá conta a historia de Lara, unha nena vaidosa e hiperactiva, e do seu amigo Bunka, un gorila inxenuo e bonachón, encargado de coidar a única nube que hai no país de Golulá. Un día, o malvado Dr. Terrier decide roubar a Nube, obrigando así a Lara e a Bunka a facer unha viaxe chea de perigos, na que irán tropezando con seres fantásticos e entrañables, para recuperala.

Golulá é unha obra da compañía Galitoon caracterizada por unha plasticidade televisiva e cinematográfica propia da escola norteamericana de Jim Henson.
Foi merecedora dos seguintes recoñecementos:
Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na X Feria de Teatro de Castilla y León, España
Espectáculo Mellor Valorado na IX Edición de Domingos do Principal de Pontevedra, Galicia, España
Premio ao Espectáculo Innovador na XXIV Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, Ourense, Galicia, España.

Pupaclown arranca a temporada de primavera

Foto: Ovidio Aldegunde

http://galitoon.com/
http://pupaclown.org/

Edison, ou dúas mil demostracións de como non facer unha bombilla

Comeza o proceso creativo en Demolicións Ferreira

xoves, 26 de xaneiro de 2012

Eva F. Ferreira, directora da recén formada compañía Demolicións Ferreira, acompañada polas actrices Areta Bolado, María Roja e Gena Baamonde, enfróntase á creación da peza bautizada como Edison, ou dúas mil demostracións de como non facer unha bombilla, que prevé estrearse en xuño dentro da segunda edición do ciclo Vigo en Bruto organizado polo Teatro Ensalle.

Hai quen encerra os seus fracasos no cuarto da memoria. Nós porén exhibímolos. Construímos unha
peza a partir das nosas caídas, desencantos, cicatrices. Cultivamos o fracaso. Aferrámonos a el. Viaxar
cunha cunca baleira, para ir enchéndoa de sentido. Bater nas paredes: onde hai dor, hai vida. Queremos
fracasar. Con seriedade, con entusiasmo, con vocación íntegra. Un brinde polo fracaso.

Edison, ou dúas mil demostracións de como non facer unha bombilla

Presentación de Dramatículas de Afonso Becerra

Con María do Cebreiro, Marta de Sinllán e María Roja

martes, 27 de decembro de 2011

O martes 27 de decembro, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Becerreá preséntase o libro Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan María do Cebreiro e Marta de Sinllán. Durante o mesmo, a artista e actriz María Roja realizará unha acción a partir dun dos textos do libro.

Presentación de <i>Dramatículas</i> de Afonso Becerra

http://apipadebecerrea.blogspot.com/

1 | ... | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 | 81 | 82 | 83 | 84