maría roja

Ensaios de "Poeta en Nova York"

Adra Pallón documenta o proceso creativo

Domingo, 26 de enero de 2020
Ensaios de "Poeta en Nova York"

O fotógrafo lucense Adra Pallón acompañou durante varios días á compañía "Teatro baixo da area" durante os ensaios e a estrea da adaptación teatral de Poeta en Nova York, na que será a primeira vez en galego desta obra de Federico García Lorca.
O elenco está formado por María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz. Completan o equipo Rosa Moledo na tradución da dramaturxia e no asesoramento lingüístico, Xoan Laxe na tradución do texto e Alfredo Sarille na iluminación, baixo a dirección de Paloma Lugilde.
Algunhas das imaxes foron publicadas por VIVALUGO, o diario cultural de Lugo, e pódense ver premendo nos seguintes enlaces:
https://vivalugo.es/artes-escenicas/poeta-en-nova-york-os-ensaios-dunha-obra-mestra/
https://vivalugo.es/artes-escenicas/teatro-poeta-en-nova-york-impacta-e-axita-conciencias/

+info:
https://producionspalomalugilde.es/poetaenny
https://www.instagram.com/poetaennovayork/
https://www.facebook.com/poetaennovayork/

Próxima estrea de "Poeta en Nova York"

O CDG coproduce a montaxe da cía. Teatro baixo da area

Lunes, 20 de enero de 2020
Próxima estrea de "Poeta en Nova York"

Fotografía: Marcos Loopez (VIVALUGO)

O 20 de xaneiro presentouse ante os medios “Poeta en Nova York”, a primeira montaxe da compañía lucense Teatro baixo da area. O acto tivo lugar na terraza do Hotel Méndez Núñez (onde estivo hospedado Federico García Lorca nas súas dúas visitas á cidade de Lugo), acompañadas pola concelleira de cultura Maite Ferreiro e Fran Núñez, o director do Centro Dramático Galego, que coproduce o espectáculo.
As entradas para a estrea do día 29 están esgotadas, pero confírmase unha nova función para o día 30 ás 20.30h no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

TEATRO BAIXO DA AREA
No ano 1998 nace Palimoco Teatro, dentro do teatro afeccionado, que dez anos despois se convertería na primeira compañía profesional de Lugo. Ao longo destes anos, ademais da creación e da produción de espectáculos, seguiu dúas liñas de traballo.
A primeira, a formación a diferentes niveis que, no ano 2014, acaba na creación da Escola Palimoco Teatro Danza, facendo presente a filosofía e a metodoloxía adquirida e construída durante todos os anos anteriores.
A segunda liña da que falamos é a comunicación e creación de lazos coa cidadanía: a dirección da Mostra Teatro Cidade de Lugo ata a súa quinta edición, o espectáculo Letra Viva, a iniciativa Quen ocupa esa cadeira? nas rúas da cidade, as postas en escena de Antígona no adarve da Muralla ou Don Juan Tenorio e Don Juanín no cemiterio de Lugo, son claros exemplos.
Hoxe, con Poeta en Nova York, a produtora dá outro paso máis, diferenciando dúas vertentes na creación de producións: a dirixida ao público infantil e familiar que seguirá co nome de Palimoco e a liña de investigación teatral co nome de Teatro baixo da area, tomando prestado o nome do autor que hoxe nos congrega, Federico García Lorca... “porque hai que vivir no teatro ou destruír o teatro, xa non vale asubiar polas portas”.
Grazas por nos seguirdes durante estes 22 anos de traxectoria!!

+prensa:
http://pacorivera.galiciae.com/
https://www.cope.es/emisoras/galicia/lugo-provincia/lugo/lugo-capital/noticias/primera-traduccion-gallego-poeta-nueva-york-estrenara-lugo-enero-20200121_598726
https://www.elprogreso.es/gl/articulo/cultura/lugilde-lorca-sabia-era-rei-da-festa-sentia-soidade/202001211823321418509.html

+info:
https://producionspalomalugilde.es/poetaenny
https://www.instagram.com/poetaennovayork/
https://www.facebook.com/poetaennovayork/

"Nómades" arranca o ano no Teatro Principal

Programa Didáctico de Compostela Cultura

Jueves, 09 de enero de 2020

Teatro Principal, Santiago de Compostela:

Luns, 13 Xaneiro, 2020 I 10:00
Luns, 13 Xaneiro, 2020 I 12:00
Martes, 14 Xaneiro, 2020 I 10:00
Martes, 14 Xaneiro, 2020 I 12:00

A concellaría de Acción Cultural programa cada tempada un programa didáctico dirixido a escolares de Santiago e de toda Galicia. Organizados a modo de sesións pedagóxicas, os programas adáptanse ás diferentes franxas de idade e promoven o coñecemento de música clásica, danza, teatro, música tradicional, etc. Ademais póñense a disposición dos centros de ensino guías didácticas para traballar na aula cos seus docentes con anterioridade á asistencia ao evento.

O programación do 2020 inaugúrase coa peza "Nómades" da compañía Xarope Tulú, un espectáculo de carácter visual onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente, sendo en ocasións difícil de definir onde comeza e remata cada un dos elementos que conforman a proposta. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos.

A entrada e gratuíta, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace, enviándoo ao correo info@auditoriodegalicia.org:
https://www.compostelacultura.gal/programadidactico

+info:
https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/n%C3%B3mades
https://www.xaropetulu.com/

"Té con Kant" arranca o ano en Noia

Dobre función a cargo da compañía Inversa Teatro

Martes, 07 de enero de 2020

TÉ CON KANT
Teatro Coliseo Noela, Noia
17 xaneiro
11:30h I función escolar
20:30h I función público xeral

"Té con Kant" arranca o ano en Noia

Escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez, Té con Kant é un proxecto experimental da compañía galega Inversa Teatro que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia. Johanna Gottfried (Marta Pérez) e Theodora Kraus (María Roja) son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do s. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última decisión sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente.
Atréveste a pensar con nós?

+info:
www.inversateatro.com
www.facebook.com/inversateatro
www.facebook.com/teconkant.enkonigsberg

Derradeira fase de creación de "Poeta en Nova York"

Residencia da cía Teatro baixo da area no Salón Teatro

Martes, 07 de enero de 2020
Derradeira fase de creación de "Poeta en Nova York"

A compañía lucense Teatro baixo da area comeza a súa andaina profesional coa estrea da súa adaptación teatral de "Poeta en Nova York" de Federico García Lorca, prevista para o vindeiro 29 de xaneiro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.
Ao longo da presente semana, o equipo artístico e técnico da peza estará en residencia no Salón Teatro de Santiago de Compostela, no que supón a derradeira fase de ensaios do proxecto.

+info:
https://producionspalomalugilde.es/poetaenny/
https://www.instagram.com/poetaennovayork/
https://www.facebook.com/poetaennovayork/

1 | ... | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | ... | 75