maría roja

Pupaclown arranca a temporada de primavera

Golulá formará parte da programación do Centro Escénico de Integración Social Infantil y Juvenil de Murcia

mércores, 14 de marzo de 2012

Golulá conta a historia de Lara, unha nena vaidosa e hiperactiva, e do seu amigo Bunka, un gorila inxenuo e bonachón, encargado de coidar a única nube que hai no país de Golulá. Un día, o malvado Dr. Terrier decide roubar a Nube, obrigando así a Lara e a Bunka a facer unha viaxe chea de perigos, na que irán tropezando con seres fantásticos e entrañables, para recuperala.

Golulá é unha obra da compañía Galitoon caracterizada por unha plasticidade televisiva e cinematográfica propia da escola norteamericana de Jim Henson.
Foi merecedora dos seguintes recoñecementos:
Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na X Feria de Teatro de Castilla y León, España
Espectáculo Mellor Valorado na IX Edición de Domingos do Principal de Pontevedra, Galicia, España
Premio ao Espectáculo Innovador na XXIV Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, Ourense, Galicia, España.

Pupaclown arranca a temporada de primavera

Foto: Ovidio Aldegunde

http://galitoon.com/
http://pupaclown.org/

Presentación de Dramatículas en Vigo

xoves, 09 de febreiro de 2012

O mércores 15 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Arte Livre de Vigo preséntase o libro Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, estarán a xornalista Marta de Sinllán e o director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Manuel F. Vieites.
Ademais contaremos coa actuación de María Roja que escenificará "Burning Bright", unha das pezas do libro. Tamén actuarán os actores Roberto Cordovani e Javi Toste, poñéndolle voz e corpo a "Unha rosa entre as pernas", pertencente ao mesmo volume.

Presentación de <i>Dramatículas</i> en Vigo

Edison, ou dúas mil demostracións de como non facer unha bombilla

Comeza o proceso creativo en Demolicións Ferreira

xoves, 26 de xaneiro de 2012

Eva F. Ferreira, directora da recén formada compañía Demolicións Ferreira, acompañada polas actrices Areta Bolado, María Roja e Gena Baamonde, enfróntase á creación da peza bautizada como Edison, ou dúas mil demostracións de como non facer unha bombilla, que prevé estrearse en xuño dentro da segunda edición do ciclo Vigo en Bruto organizado polo Teatro Ensalle.

Hai quen encerra os seus fracasos no cuarto da memoria. Nós porén exhibímolos. Construímos unha
peza a partir das nosas caídas, desencantos, cicatrices. Cultivamos o fracaso. Aferrámonos a el. Viaxar
cunha cunca baleira, para ir enchéndoa de sentido. Bater nas paredes: onde hai dor, hai vida. Queremos
fracasar. Con seriedade, con entusiasmo, con vocación íntegra. Un brinde polo fracaso.

Edison, ou dúas mil demostracións de como non facer unha bombilla

Presentación de Dramatículas de Afonso Becerra

Con María do Cebreiro, Marta de Sinllán e María Roja

martes, 27 de decembro de 2011

O martes 27 de decembro, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Becerreá preséntase o libro Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan María do Cebreiro e Marta de Sinllán. Durante o mesmo, a artista e actriz María Roja realizará unha acción a partir dun dos textos do libro.

Presentación de <i>Dramatículas</i> de Afonso Becerra

http://apipadebecerrea.blogspot.com/

Presentación de Vilamor no Culturgal

venres, 02 de decembro de 2011

O 2 de decembro, na Feira das Industrias Culturais Galegas, o Culturgal, terá lugar a presentación dos actores e actrices que compoñen a comuna que Ignacio Vilar recrea en Vilamor, inspirándose na historia real dos comuneiros que se instalaron nas montañas de Negueira de Muñiz nos anos 70. Tamén se falará da presenza da película na web e nas redes sociais, e de como se irá ampliando esta experiencia co proxecto Explora Vilamor: un webdocumental, unha aplicación xeoturística e un paquete de contidos didácticos interactivos.

Presentación de <i>Vilamor</i> no Culturgal

http://vilamor.eu/

1 | ... | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 | 71 | 72 | 73 | 74 | 75