maría roja

Edison, ou dúas mil demostracións de como non facer unha bombilla

Comeza o proceso creativo en Demolicións Ferreira

xoves, 26 de xaneiro de 2012

Eva F. Ferreira, directora da recén formada compañía Demolicións Ferreira, acompañada polas actrices Areta Bolado, María Roja e Gena Baamonde, enfróntase á creación da peza bautizada como Edison, ou dúas mil demostracións de como non facer unha bombilla, que prevé estrearse en xuño dentro da segunda edición do ciclo Vigo en Bruto organizado polo Teatro Ensalle.

Hai quen encerra os seus fracasos no cuarto da memoria. Nós porén exhibímolos. Construímos unha
peza a partir das nosas caídas, desencantos, cicatrices. Cultivamos o fracaso. Aferrámonos a el. Viaxar
cunha cunca baleira, para ir enchéndoa de sentido. Bater nas paredes: onde hai dor, hai vida. Queremos
fracasar. Con seriedade, con entusiasmo, con vocación íntegra. Un brinde polo fracaso.

Edison, ou dúas mil demostracións de como non facer unha bombilla

Presentación de Dramatículas de Afonso Becerra

Con María do Cebreiro, Marta de Sinllán e María Roja

martes, 27 de decembro de 2011

O martes 27 de decembro, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Becerreá preséntase o libro Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan María do Cebreiro e Marta de Sinllán. Durante o mesmo, a artista e actriz María Roja realizará unha acción a partir dun dos textos do libro.

Presentación de <i>Dramatículas</i> de Afonso Becerra

http://apipadebecerrea.blogspot.com/

Presentación de Vilamor no Culturgal

venres, 02 de decembro de 2011

O 2 de decembro, na Feira das Industrias Culturais Galegas, o Culturgal, terá lugar a presentación dos actores e actrices que compoñen a comuna que Ignacio Vilar recrea en Vilamor, inspirándose na historia real dos comuneiros que se instalaron nas montañas de Negueira de Muñiz nos anos 70. Tamén se falará da presenza da película na web e nas redes sociais, e de como se irá ampliando esta experiencia co proxecto Explora Vilamor: un webdocumental, unha aplicación xeoturística e un paquete de contidos didácticos interactivos.

Presentación de <i>Vilamor</i> no Culturgal

http://vilamor.eu/

Chámalle X

VIII edición das Xornadas de Arte de Acción da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo

luns, 07 de novembro de 2011

O martes 8 de novembro ás 20 horas, o fato bicéfalo Ohn (Berio Molina+María Roja) será o encargado de inaugurar Chámalle X coa peza Devuison.
Nesta edición, as xornadas céntrase nos sons que o corpo pode emitir/fabricar. Este interés funcionará como fío conductor das acción presentadas.

Chámalle X

http://www.webs.uvigo.es/chamalle
http://berio.alg-a.org/Devuison-166

1 | ... | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 | 61 | 62 | 63