maría roja

Estrea de "Onde viven os monstros"

Os Náufragos Teatro presenta a versión escénica do clásico de Sendak

Jueves, 30 de julio de 2020

4 agosto I Parque Europa (A Coruña) I 19h

Estrea de "Onde viven os monstros"

Onde viven os monstros está protagonizada por María Roja mais Jimmy Núñez e dirixida por Gustavo del Río.

Onde viven os monstros baséase na obra homónima de Maurice Sendak, escritor estadounidense de orixe polaca. Un fiel retrato da infancia. Unha peza inspirada no clásico da literatura infantil, considerado o albume ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual, trazando un fiel retrato da infancia.
O pequeno Max pasa o día facendo trasnadas. Súa nai, cansa desta situación, decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias ata converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.
Onde viven os monstros é un clásico vixente hoxe en día que plasma con gran expresividade os temores e desexos da nosa infancia máis tenra: os monstros que nos axexan, os nosos enfados incomprendidos, o medo ao abandono e a que os nosos pais deixen de querernos.

+info:
https://www.facebook.com/pg/naufragosteatro

Zona de Límites

Estrea no programa "Re-Acción nos Castelos"

Lunes, 13 de julio de 2020

"Zona de Límites" (espectáculo multidisciplinar a cargo de Límites, Corpo Colectivo Transfronteirizo)
23 xullo I Castelo de Sobroso, Vilasobroso (Mondariz) I 22h

*ENTRADAS ESGOTADAS

Zona de Límites

LímItes, Corpo Colectivo Transfronteirizo, presentará ao público, o vindeiro 23 de xullo, a súa primeira peza de creación.
A proposta forma parte do programa cultural "Re-Acción nos Castelos", desenvolvido pola Deputación de Pontevedra.

LímItes reúne propostas e artistas de diferentes disciplinas como a videoarte, a música, a ilustración, a danza, a poesía ou a performance. Todos os proxectos que conforman o colectivo ofrecen unha aposta cara á indagación e experimentación, transitando e rebasando os límites. O obxectivo do grupo é crear colaboracións e sinerxias conxuntas, apoiándose nun marco de acción común, así como reivindicar esas outras formas de expresión artística que non encaixan nos marcos habituais.
Os proxectos e artistas que compoñen as perspectivas creadoras do colectivo son: Ordet, Tamara Andrés, Silvia Penas, Cintaadhesiva, Andrea Jano, Carlos Suárez, Costa Escura, Velpister, María Roja, Aleksander Bortko, Waste Generation, Keens Vereeniging, Filipe Miranda, Chus Nimo, Diego M. Buceta, Fiinda, Bujiwa e Lassa.

+info e reserva de entradas:
https://www.depo.gal/-/reaccion-nos-castelos-23-xullo-sobroso

USCénica

O programa inclúe unha acción de María Roja

Martes, 30 de junio de 2020
USCénica

Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov
Performance de María Roja, coa colaboración de Maria Chiginskaya
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela)
20:30h.

USCénica

+info:
https://uscenica.com/

#Serramoura166

Último capítulo da ficción televisiva ata despois do verán

Martes, 30 de junio de 2020
#Serramoura166

O vindeiro domingo día 5, ás 22h, emitirase na TVG o último capítulo da serie "Serramoura", que volverá á pequena pantalla logo do verán.
Entre as demais tramas, Roi (Xúlio Abonjo) e Catuxa (María Roja) están dando pequenos pasos para comezar unha relación, algo que ningunha das dúas busca, pero que atoparán cando menos o esperan.

+info:
http://serramoura.com/

Serramoura

María Roja incorpórase ao elenco da serie na nova tempada

Lunes, 25 de mayo de 2020
Serramoura

A nova tempada de "Serramoura" estréase o vindeiro 31 de maio. A exitosa ficción televisiva acolle a chegada á vila de Catuxa Álvarez, personaxe interpretada por María Roja.
"Serramoura", serie producida por Voz Audiovisual para a TVG, conta a historia dunha pequena e tranquila vila do interior de Galicia. Unha vila que vive da explotación da madeira e na que dúas familias, os Soutelo e os Fiuza, loitan por facerse co control deste negocio. Un sanguento crime dará pé a ir desvelando episodio a episodio os segredos, as miserias e os conflictos das súas e dos seus habitantes.

+info:
http://serramoura.com/

1 | ... | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | ... | 89