maría roja

Curtas Armadiña

María Roja, no xurado da cuarta edición do festival

Martes, 18 de septiembre de 2018
Curtas Armadiña

O festival Curtas Armadiña, organizado pola ACDeM Armadiña, presenta os integrantes
do xurado deste ano, que se encargarán de escoller a mellor curtametraxe da Sección Oficial e da Sección de Animación da cuarta edición do certame, que se celebrará do 12 ao 18 de novembro en Poio. As pezas gañadoras daranse a coñecer na gala final que terá lugar na tardiña do 18 de novembro. O xurado está composto por Pablo Cacheda, Juan de Castro, Laura Doval, María Roja e Pilar Varela, esta última en representación da asociación organizadora.
A edición deste ano, aberta a España e Portugal e que terá por obxectivo a integración das persoas con discapacidades intelectuais, pechou o seu prazo de envíos o pasado mes de xullo e a ela presentáronse arredor de 900 pezas audiovisuais. Alén da Sección Oficial e da Sección de Animación, o certame Curtas Armadiña tamén abrangue unha Sección Medioambiental e unha Sección Videoclips, que contarán con xurados específicos. Ao igual que o ano pasado, entregarase o premio Áncora de Honra, un galardón simbólico que se lle concederá a unha persoa do ámbito audiovisual cuxa traxectoria debe ser honrada, visibilizada e valorizada.
O festival Curtas Armadiña está organizado pola ACDeM Armadiña e patrocinado pola
Deputación de Pontevedra e o Concello de Poio.

+info:
http://curtas.armadinha.gal/
https://twitter.com/curtasarmadinha

167 Aniversario de Emilia Pardo Bazán

Inversa Teatro conducirá o acto de homenaxe

Domingo, 16 de septiembre de 2018
167 Aniversario de Emilia Pardo Bazán

Theodora Krauss (María Roja) e Johanna Gottfried (Marta Pérez), as populares personaxes de Inversa Teatro, serán as encargadas de conducir a velada en homenaxe a Emilio Pardo Bazán no seu 167 aniversario, así como o acto de entrega de premios do I Concurso "Iconografías sobre Marineda".
+info:
http://www.casamuseoemiliapardobazan.org/

O corpo-casa dunha artista nómade

Programación expandida TRCDanza

Lunes, 10 de septiembre de 2018
O corpo-casa dunha artista nómade

Como actividade expandida de Oasis Paraíso, o grupo de creadoras e intérpretes galegas que comparten este programa especial, ocuparán os arredores do teatro durante o día.
​Tomando como concepto principal a idea de nomadismo que inspira a peza "2419CJX", de Begoña Cuquejo e María Roja, instalamos os corpos-casa das artistas no espazo público -no espazo de todas- construíndo coas persoas paseantes unha intimidade compartida.
Na nosa cita poderemos atoparnos con todas elas -Diego M. Buceta, Areta Bolado, Ailén Kendelman, Begoña Cuquejo e María Roja- quenes nos achegarán algúns dos motivos das creacións que amosarán sobre o escenario do Teatro Rosalía de Castro ese mesmo sábado pola noite.

+Info:
https://www.pe-trcdanza.gal/2018-oasisparaiso

Oasis Paraíso

"2419CJX" no TRCDanza

Sábado, 01 de septiembre de 2018
Oasis Paraíso

Oasis Paraíso é un programa triple composto por distintos traballos que foron desenvolvidos durante o programa de Residencias Paraiso 2017, un programa de residencias artísticas para as artes vivas en Galicia impulsado polo Colectivo RPM co apoio da AGADIC.
A velada arrancará co traballo en proceso 2419CJX de Begoña Cuquejo e María Roja, seguido da peza As vacacións máis longas de Diego M. Buceta e, finalmente, Barba Inguinal de Ailén Kendelman e Areta Bolado.
A cita terá lugar o 15 de setembro ás 20:30h no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.

+Info e venda de entradas:
https://www.pe-trcdanza.gal/2018-oasisparaiso

1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | ... | 56