Tres corpos de costas, dúas xaboeiras, unha chepa e ocos; moitos ocos.
Como definir un corpo? A través dos paseos en bicicleta, ou polas bágoas provocadas logo dunha caída, ou polos sucos nas pernas ou se cadra pola capacidade de axustarse ó molde da saia, ou do pantalón…?
Nómades é un espectáculo de carácter visual dirixido a tódolos públicos: onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente , sendo en ocasións difícil de definir onde comeza e remata cada un dos elementos que conforman a proposta. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos.
+info:
https://www.xaropetulu.com/