"Nómades" arranca o ano no Teatro Principal

Programa Didáctico de Compostela Cultura

xoves, 09 de xaneiro de 2020

Teatro Principal, Santiago de Compostela:

Luns, 13 Xaneiro, 2020 I 10:00
Luns, 13 Xaneiro, 2020 I 12:00
Martes, 14 Xaneiro, 2020 I 10:00
Martes, 14 Xaneiro, 2020 I 12:00

A concellaría de Acción Cultural programa cada tempada un programa didáctico dirixido a escolares de Santiago e de toda Galicia. Organizados a modo de sesións pedagóxicas, os programas adáptanse ás diferentes franxas de idade e promoven o coñecemento de música clásica, danza, teatro, música tradicional, etc. Ademais póñense a disposición dos centros de ensino guías didácticas para traballar na aula cos seus docentes con anterioridade á asistencia ao evento.

O programación do 2020 inaugúrase coa peza "Nómades" da compañía Xarope Tulú, un espectáculo de carácter visual onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente, sendo en ocasións difícil de definir onde comeza e remata cada un dos elementos que conforman a proposta. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos.

A entrada e gratuíta, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace, enviándoo ao correo info@auditoriodegalicia.org:
https://www.compostelacultura.gal/programadidactico

+info:
https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/n%C3%B3mades
https://www.xaropetulu.com/