9 FUGAS en proceso

Cineuropa 2018

xoves, 08 de novembro de 2018
9 FUGAS en proceso

9 FUGAS, o filme dirixido por Fon Cortizo, comeza a súa viaxe coa proxección da primeira de ditas fugas no festival Cineuropa de Santiago de Compostela. Un petisco dun traballo aínda en proceso que poderá verse este domingo día 11 ás 18:15h no Museo das Peregrinacións.

En 9 FUGAS, unha orquestra investiga os sons do pasado que evocan a historia de tres mulleres obrigadas a fuxir. A orquestra improvisa. A súa música ten o poder de evocar historias, de impulsar a fantasía. Cada un dos músicos conta unha das historia a través do seu instrumento. Nove fugas. Nove historias que procuran unha saída.

9 FUGAS
Galicia / 2018 / Longametraxe / Ficción / Galego
Dirección: Fon Cortizo
Elenco: María Roja, Olga Cameselle, Ailén Kéndelman, Areta Bolado, Noelia Castro, Marta Pérez, Paco Barreiro.
Guión: Fon Cortizo.
Fotografía: Javier Álvarez.
Dirección musical: Orquestra Fugaz de Improvisación Industrial, Xavier Núñez Bértolo e David Santos.
Produción: Fon Cortizo e Alexandre Cancelo.

+info:
https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/9-fugas-work-progress-e-el-equipo-de-mi-barrio