Minuison en MADATAC

domingo, 01 de decembro de 2013

A peza de videoarte Minuison, realizada polo fato bicéfalo Ohn (María Roja+Berio Molina) en colaboración con Miguel Vidal, foi seleccionada na Sección Oficial Internacional da 5ª edición da Muestra de Arte Digital Audiovisual y Tecnologías Avanzadas Contemporáneas, e será exhibida ao público, xunto ás restantes obras escollidas, entre os días 19 e 22 de decembro no Palacio de Cibeles CentroCentro de Madrid.

<i>Minuison</i> en MADATAC


MADATAC ten como obxectivo servir de faro e proxección de videoartistas e creadorxs audiovisuais que se atopan inmersxs na articulación de propostas experimentais e innovadoras dirixidas a estimular a linguaxe da narrativa cinética convencional e que traballan coas ferramentas dos novos medios dixitais. Trátase dun proxecto internacional independiente cunha filosofía aberta e sen fins de lucro, que pon especial énfase na innovación, a orixinalidade e o risco de proxectos audiovisuais enfocados cara a New Media Art. O seu obxectivo é fomentar a participación da cidadanía nos ámbitos da arte audiovisual e videoarte máis impulsar o intercambio de coñecementos entre profesionais para servir de laboratorio colectivo no que os artistas poidan presentar ao público, crítica, comisarixs, coleccionistas, institucións e empresas, así como a outrxs artistas, as súas creacións máis recentes. Con isto preténdese apoiar e descubrir traballos de investigación neste campo, tanto prácticos como teóricos, que empregan os recursos das novas tecnoloxías, co propósito de construir pontes universais entre artistas e organizacións volcadas cara a arte audiovisual máis transformadora.

http://www.madatac.es/