María Roja no ZigZag Diario

Helen en "O tolleito de Inishmaan" e A Sini en "Martes de Carnaval"

sábado, 08 de abril de 2017
María Roja no ZigZag Diario

A actriz María Roja visita o estudio de “ZigZag Diario” tras gañar o Premio María Casares a mellor actriz secundaria polo seu papel en “O tolleito de Inishmaan”, a obra máis galardoada na cerimonia de entrega dos Premios do teatro galego. Ademais do seu papel nesta obra de Contraproducións e FIOT Carballo, a actriz fala da vindeira montaxe do Centro Dramático Galego, “Martes de Carnaval”, en que participa e que está aínda en proceso de ensaios.

Para ver a entrevista, premer no link:
http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/maria-roja-premio-a-mellor-actriz-secundaria-nos-maria-casares