"Lobos Sucios"

Estrea do filme no prestixioso Festival Mill Valley

sábado, 05 de setembro de 2015


A película "Lobos Sucios", producida pola galega Agallas Films, estrearase mundialmente o próximo 10 de outubro na 38 edición do Festival estadounidense de Mill Valley (San Francisco, EEUU).
Baseada nunha idea orixinal de Felipe Rodríguez e con guión de Carmen Abarca, Felipe Rodríguez, Noelia del Río e Paula Cons, a cinta é a historia dunha mineira que traballa nunha mina de wólfram xestionada polos nazis en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial e que se ve envolta nunha sabotaxe para poder salvar á súa filla enferma.
Este film, ópera prima de Simón Casal, conta cun reparto internacional composto por Marian Álvarez, Manuela Vellés, Isak Ferriz, Ricardo Barreiro, Thomas Coumans, Sam Louwyck, Pierre Kiwitt, Xosé Manuel Esperante, Tito Asorey, Sabela Arán ou María Roja, entre outrxs.