Despois de 24 funcións con aforo completo ao longo dos tres últimos meses, "Lavar, marcar e enterrar", pecha tempada a vindeira fin de semana con tres últimos pases na perruquería ElSalón (Rúa Joaquín Yáñez 1, baixo dereita, Vigo), o venres 2 ás 22 h e o sábado 3 ás 21:30 h e ás 23:30 h, para os que xa están todas as entradas esgotadas.
"Lavar, marcar e enterrar" é a adaptación ao galego da compañía Contarte a partir da obra orixinal de JuanMa Pina. O director Pedro Sancho afrontou a súa primeira montaxe teatral xunto a un elenco formado por Fran Paredes, Santiago Cuquejo, Uxía Blanco e María Roja.
https://www.facebook.com/Contarte-1592672487673116/timeline/