Lavar, marcar e enterrar

Continuan os ensaios entre secadores e peites

domingo, 24 de maio de 2015
Lavar, marcar e enterrar

"Lavar, marcar e enterrar" é a adaptación ao galego da compañía Contarte a partir da obra orixinal de JuanMa Pina que actualmente está representándose no Teatro Lara de Madrid. O director Pedro Sancho afronta os últimos ensaios da peza xunto a un elenco formado por Fran Paredes, Santiago Cuquejo, Uxía Blanco e María Roja, de cara á estrea que se prevé a mediados de xullo na perruquería Elsalón de Vigo.

Fotografía: Miguel Vidal

+info: https://www.facebook.com/pages/Contarte/1592672487673116?fref=ts