LÍMITES

Corpo Colectivo Transfronteirizo

mércores, 13 de maio de 2020


LÍMITES, CORPO COLECTIVO TRANSFRONTEIRIZO.
Así se define esta iniciativa que reúne propostas e artistas de diferentes disciplinas como a videoarte, a música, a ilustración, a danza, a poesía ou a performance. Todos os proxectos que conforman o colectivo ofrecen unha aposta cara á indagación e experimentación, transitando e rebasando os límites. O obxectivo do grupo é crear colaboracións e sinerxias conxuntas, apoiándose nun marco de acción común, así como
reivindicar esas outras formas de expresión artística que non encaixan nos marcos habituais.
Os proxectos e artistas que compoñen as perspectivas creadoras do colectivo son: Ordet, Tamara Andrés, Silvia Penas, Cintaadhesiva, Andrea Jano, Carlos Suárez, Costa Escura, Velpister, María Roja, Aleksander Bortko, Waste Generation, Keens Vereeniging, Bego M. Santiago, Filipe Miranda, Chus Nimo, Diego M. Buceta, Fiinda, Bujiwa e Lassa.

+
https://limites.net/index.htm
https://www.facebook.com/pg/colectivolimites
https://www.instagram.com/limites.colectivo/
https://twitter.com/limites_corpo