Inversa volve á casa

As últimas producións da compañía chegan á Coruña

mércores, 21 de maio de 2014

Tralo seu paso por Latinoamérica, a compañía Inversa Teatro, que inaugurou as residencias artísticas da Casa Tomada o pasado mes de febreiro, aterriza de novo na Coruña para presentar as súas dúas últimas producións.
O venres 23 ás 20:30 h, presentarase "Fémina Sapiens", un só teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens- ou se, pola contra somos máis proclives á involución. Fémina Sapiens é un personaxe que tenta buscar e analizar cal é o eslabón perdido entre a racionalidade e moralidade pasando polos estadios íntimos de violencia existentes en tres relacións fundamentais: a amizade, a familia e o amor.
E para aproveitar a viaxe, por que non ver outra das súas montaxes, moi diferente da anterior e na que ademais de Marta Pérez actúa a actriz e performer María Roja, nunha peza dirixida pola propia Pérez e María Caparrini. "Té con Kant" é un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia. En "Té con Kant", Johanna Gottfried e Theodora Krauss son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do S. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última decisión sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente. Atréveste a pensar con nós? O domingo día 25 de maio ás 20’30h.
Pasas un fin de semana á inversa con nós?

Inversa volve á casa

www.casatomada.org
www.inversateatro.com