Dentro do programa da 2ª edición do Festival de Filosofía de Galicia, terá lugar a estrea de "Sophias". Este é o título da serie web de ficción de sete capítulos realizada pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega para divulgar a figura e ideas de mulleres filósofas ao longo da Historia. Un proxecto que conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, no que a través dunha ficción divulgativa se presenta unha escolma de filósofas e dos temas e debates que abriron. Son mostra do seu xenio e capacidade para dialogar co contexto histórico e social, incluíndo o tema da exclusión das mulleres do espazo público e da creación de coñecemento. A serie está dirixida por Cristina de la Torre e conta coa interpretación de Marta Pérez e María Roja.
+info:
http://consellodacultura.gal/todos.php?serie=II%20Festival%20de%20Filosof%EDa%20de%20Galicia