I Vigo en Bruto

áIntemperie estrea o ciclo no Teatro Ensalle de Vigo

venres, 03 de xuño de 2011

Vigo en Bruto, o programa ideado polos responsables do Teatro Ensalle para dar saída ao traballo dos novos creadores escénicos, bota a andar o 3 de xuño ás 20 horas coa compañía áIntemperie e a súa peza ST (domingo). Os actores Fran Buceta e María Roja estrean un ciclo que se completará coa participación da compañía La Taberna Ambulante, formada por Niki Campos e Laila Álvarez e Fotosíntesis Teatro, un proxecto de Rubén de Marina xunto a Laura Tejada.

I Vigo en Bruto

http://www.teatroensalle.com/