I Plataforma. Festival de artes performativas

Vídeo resumo da edición 2020

martes, 29 de decembro de 2020

Plataforma é un proxecto que quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño, convidando a reflexionar sobre o espazo público e integrando servizos e institucións da cidade de Santiago de Compostela para actuar como motor para o desenvolvemento e a cohesión social.
A programación da primeira edición do Festival Plataforma acolleu a presentación da acción de María Roja titulada "Doorkijkje. 7 miradas para 12 puntos de vista", realizada ex profeso arredor da exposición de Christian García Bello "Pongo mi pie desnudo en el umbral".

+info:
http://plataforma.gal/