Golulá en Valencia

Programa de Nadal da Ciudad de la Artes y las Ciencias

xoves, 11 de decembro de 2014
Golulá en Valencia

Foto: Ovidio Aldegunde

Os vindeiros 27 e 28 de decembro ás 19 horas, a compañía Galitoon presentará a súa obra Golulá na Ciudad de la Artes y las Ciencias, dentro da programación de Nadal deste complexo lúdico-educativo-tecnolóxico da cidade de Valencia.
Golulá conta a historia de Lara, unha nena vaidosa e hiperactiva, e do seu amigo Bunka, un gorila inxenuo e bonachón, encargado de coidar a única nube que hai no país de Golulá. Cando un día o malvado Doutor Terrier decide roubar a Nube, Lara e Bunka vense na obriga de emprender unha viaxe chea de perigos e poboada de seres fantásticos, para recuperala.
Golulá é unha obra da compañía Galitoon caracterizada por unha plasticidade televisiva e cinematográfica propia da escola norteamericana de Jim Henson. Foi merecedora dos seguintes recoñecementos:
Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na X Feria de Teatro de Castilla y León, España
Espectáculo Mellor Valorado na IX Edición de Domingos do Principal de Pontevedra, Galicia, España
Premio ao Espectáculo Innovador na XXIV Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, Ourense, Galicia, España.

http://www.cac.es/navidad/espectaculos.jsp?lang=es_ES