Golulá en Compostela

Festival Internacional Galicreques 2013

mércores, 25 de setembro de 2013

O luns 30 de setembro ás 11:00 horas, a compañía Galitoon presentará a súa obra Golulá no Teatro Principal de Santiago de Compostela, dentro da programación da XVIII edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques, que se celebra do 28 de setembro ao 6 de outubro.

<i>Golulá</i> en Compostela

Foto: Ovidio Aldegunde

Golulá conta a historia de Lara, unha nena vaidosa e hiperactiva, e do seu amigo Bunka, un gorila inxenuo e bonachón, encargado de coidar a única nube que hai no país de Golulá. Un día, o malvado Dr. Terrier decide roubar a Nube, obrigando así a Lara e a Bunka a facer unha viaxe chea de perigos, na que irán tropezando con seres fantásticos e entrañables, para recuperala.
Golulá é unha obra da compañía Galitoon caracterizada por unha plasticidade televisiva e cinematográfica propia da escola norteamericana de Jim Henson.
Foi merecedora dos seguintes recoñecementos:
Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na X Feria de Teatro de Castilla y León, España
Espectáculo Mellor Valorado na IX Edición de Domingos do Principal de Pontevedra, Galicia, España
Premio ao Espectáculo Innovador na XXIV Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, Ourense, Galicia, España.

http://www.titerescachirulo.com/galicreques/
http://galitoon.com/