Fillas e fillos de Cans

"9 FUGAS" no Festival de Cans

xoves, 09 de maio de 2019
Fillas e fillos de Cans

9 FUGAS, o filme dirixido por Fon Cortizo, comeza a súa viaxe coa presentación do proxecto, en fase de posprodución, no Festival de Cans. Así pois, poderá degustarse un petisco deste traballo o vindeiro venres 24 de maio ás 16:30h no Baixo do Moncho, dentro do apartado "Fillas e fillos de Cans". O creador compartirá velada con Jorge Coira, Paula Cons, Liliana Torres e Roi Fernández, que avanzarán tamén os seus respectivos proxectos.

En 9 FUGAS, unha orquestra investiga os sons do pasado que evocan a historia de tres mulleres obrigadas a fuxir. A orquestra improvisa. A súa música ten o poder de evocar historias, de impulsar a fantasía. Cada un dos músicos conta unha das historia a través do seu instrumento. Nove fugas. Nove historias que procuran unha saída.

9 FUGAS
Galicia / 2018 / Longametraxe / Ficción / Galego
Dirección: Fon Cortizo
Elenco: María Roja, Olga Cameselle, Ailén Kéndelman, Areta Bolado, Noelia Castro, Marta Pérez, Paco Barreiro
Guión: Fon Cortizo
Fotografía: Javier Álvarez
Dirección musical: Orquestra Fugaz de Improvisación Industrial, Xavier Núñez Bértolo e David Santos
Produción: Fon Cortizo e Alexandre Cancelo

+info:
http://www.festivaldecans.gal/es/es-programa-venres-24-xvi/