Festival de Filosofía

O programa inclúe a obra escénica "Té con Kant"

venres, 18 de setembro de 2020
Festival de Filosofía

TÉ CON KANT
26 setembro | 19h I Parque de Bonaval (en caso de choiva, realizarase no Auditorio do Museo do Pobo Galego)
*Aforo reducido. Reserva de entradas en www.reservas.gal

Onde comeza e termina a nosa liberdade? Poder elixir entre diferentes plataformas de lecer, poder escoller os nosos amigos ou amantes a través da tecnoloxía implica ser libres? Se cadra nunha sociedade que foxe da ética, e fai da política un espectáculo, a liberdade non e máis que o último mito da modernidade. Velaquí, para o seu debate, algúns dos usos actuais da noción de liberdade. O Festival de Filosofía quere celebrar o pensamento crítico e a vontade de buscar liñas de fuga nunha sociedade acelerada e pouco reflexiva. Pretendemos achegar a reflexión a toda a sociedade incidindo na importancia do pensamento para abordar cuestións importantes do momento actual como é o caso da liberdade, a pluralidade, a democracia. Así, de xeito provocador, queremos cuestionar a nosa liberdade. É un mito máis, unha nova posverdade ou o fundamento para unha sociedade máis xusta no futuro?

+info:
http://consellodacultura.gal/todos.php?serie=Festival%20de%20Filosof%EDa