Festival Internacional Danzalborde

Ohn seleccionado na mostra de VideoDanza

Entre os días 17 e 26 de outubro celébrase en Valparaíso (Chile) a 13ª edición do Festival Internacional Danzalborde. Este evento procura a reflexión e a discusión arredor de diversos aspectos da danza, así como o seu vínculo co entorno social. Por esta razón, ademais de xerar unha programación diversa, con diferentes formatos de obra como a intervención urbana, as obras de sala e a videodanza, inclue tamén espazos de encontro entre artistas e público, por medio de seminarios, mesas redondas, charlas e mesas de conversación que favorezan o intercambio de ideas. O festival busca xerar unha experiencia de colectivo activando a cidade e articulando espazos para que esa experiencia se traduza en pensamento, diálogo, cuestionamentos e propuestas.
O fato bicéfalo Ohn (Berio Molina & María Roja) foi seleccionado, entre outrxs artistas de diferentes países, no programa de videodanza. A súa peza «Minuison» exhibirase ao público o próximo sábado 25 de outubro ás 20 horas na Sala de Arte Escénico da Universidade de Playa Ancha.

+info:
http://danzalborde.cl/