Experimenta 10+1

No Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 11 de decembro

martes, 01 de novembro de 2016

 
“Experimenta 10+1”, é un proxecto expositivo colectivo no que xs artistas xogan co espazo, coa cor, o volume, a forma e a percepción do público.

Pintura, escultura, debuxo, instalación, e mesmo vídeo, reflicten toda a multidisciplinariedade da arte contemporánea nesta exposición comisariada por Paula Cabaleiro, asistida por Iñigo Rodríguez e con obras de Chelo Matesanz, Mónica Alonso, Din Matamoro, Sara Coleman, Suso Fandiño, Berta Cáccamo, Héctor Francesch, Mónica Trastoy, Mar Vicente, Rubén Fernández Castón, Adriana Pazos e María Roja.

Esta mostra recolle unha mestura multixeracional de 12 experimentos artísticos, 12 modos de pintar (de xeito expandido), 12 maneiras de proceder, de crear e rachar categorías, tratando de provocar un diálogo co público espectador, cuestionando os límites da pintura dende diversas liñas experimentais.

Vídeo: Salomé Caamaño Cives