Éxito de acollida de Hospital Real na RTP portuguesa

Mentres se agardan os novos capítulos na TVG

xoves, 03 de setembro de 2015
Éxito de acollida de Hospital Real na RTP portuguesa


Os ingredientes de amor, intriga e melodrama que dan forma a “Hospital Real” captaron onte a atención do público luso, que a situaron como o espazo líder de audiencia da segunda canle da RTP na súa estrea. Así, esta produción, cuxa primeira temporada se lanzou hai uns meses na Televisión de Galicia, arrancou tamén na RTP-2 coa audiencia máis alta da xornada.
Cómpre salientar que, a emisión do primeiro capítulo de “Hospital Real” superou en máis dun punto aos outros programas destacados da segunda canle portuguesa, entre eles, a serie de alto orzamento “The Mom”, denominada “Vida de Mae” en Portugal, que tivo grande éxito na BBC tras o seu debut a finais de 2013 e mesmo foi emitida pola canle Neox.
“Hospital Real” é unha forte aposta da TVG pola ficción de calidade, cunha coidada realización e cun amplo elenco de actores galegos de excepción, e localizacións e decorados singulares. Jorge Cassinello dirixe esta produción inspirada na historia do Hostal dos Reis Católicos de finais do século XVIII, con Pedro Freijeiro, Mariña Sampedro e María Roja no trío protagonista.